Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

Xornada de competición pragada de partidos da nosa base na casa, con moitos desos equipos loitando contra rivais directos por escalar postos na clasificación. Toma nota do menú da fin de semana e ven animar aos nosos equipos!

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS PUNTA DEL ESTE XIRIA

Derbi provincial en Almeiras ás 17:00 da tarde, nesta ocasión o Abogacía Canosa xoga contra as Escolas Balonmán Xiria, os dous equipos teñen os mesmos puntos e buscan esta victoria para distanciarse e poder coller os postos de arriba na clasificación antes de que acabe a primeira volta.

(IM) BM CULLEREDO SUTENOR VS BM RIBADOSAR

O Sutenor volverá a verse as caras co Ribadosar, nun partido complicado para os nosos. Tralo mal resultado na anterior xornada, os nosos tratarán de repetilo resultado obtido na ida fronte aos de Santiago, buscando sumar 2 novos puntos que nos manteñan na loita pola parte alta da táboa clasificatoria.

(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS CLUBE BALONMÁN TUI

O Remax Riazor buscará en Almeiras a súa 5ª vitoria consecutiva na liga de Ouro, pero non o terá tan fácil xa que esta vez enfróntase contra o Balomán Tui, un equipo moi aguerrido e rápido que virá a por todas a Culleredo.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS PORTALTEC BM CASELAS

O fisioterapia Benestar ten unha gran oportunidade para poder lograr a primeira victoria da tempada, xa que visita Almeiras o Balonmán Caselas, que comparte farolillo vermello coas cullerdenses, os dous equipos buscan esa victoria tan ansiada, así que poderemos disfrutar dun partido moi competido e aguerrido para lograr esos sous puntos tan queridos.

(CM) OAR CIUDAD VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Derbi coruñes no San Francisco Javier, donde o Climanosa se enfrontará ao segundo clasificado, o equipo coruñes do O.A.R. Un equipo moi dinámico que xa lle creou moitos problemas á defensa cullerdense na primeira volta, nesta ocasión o Climanosa busca estar máis cerca e poder competir o partido de ti a ti.

(CM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS BALONMANO PORRIÑO

O conxunto cadete BM. Culleredo Construpereiro, buscará o próximo sábado unha nova vitoria, esta vez como local e fronte o Balonmano Porriño. Os de Culleredo deben de aumentar as súas prestacións defensivas e, deste modo, poder asentar as bases dunha posible vitoria que lles axude a seguir de preto a parte máis alta da táboa clasificatoria. O encontro comenzará as 11:30h no municipal de Almeiras.

(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL VS HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

A retoma da competición a semana pasada non foi moi boa para as de Rafergal. Toca xogar na casa. ¡Toca o derbi!. Sen dúbida algunha un partido dunha mesma intensidade e co mesmo obxetivo para ámbolos dous equipos, conseguilos primeiros dous puntos da competición para inaguralo casilleiro da segunda rolda.

(XM) E.D. POIO ARTAI VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

O Óptica Gallaecia buscará traer 2 puntos no seu último desprazamento ligueiro desta tempada da sempre complicada pista da Seca.

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS MARUXÍA ASESORES BM ARTEIXO

Este domingo, o xuvenil prata enfrontarase ao balonmán Arteixo, no encontro aprazado que corresponde á antepenúltima xornada ligueira. Encontro importante para os nosos, ante un rival directo. Tentaremos loitar polos 2 puntos coma guerreiros e así obtar aos postos de honra da táboa. Imos a por todas!

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS BM. PORRIÑO E SAR

O BM. Culleredo Despreocúpate.es, afronta esta fin de semana doble xornada e loitará por sacar esos catro puntos en xogo que lles axude a cambiar a dinámica de resultados. As boas novas serán que os cullerdenses recuperán algúns efectivos, despois de que o plantel estivera mermado por lesións de larga duración dende o principio da tempada. Os dous encontros se disputarán en Almeiras, o do sábado ante o BM.Porriño e o do Domingo ante a SAR de Redondela. Na xornada do sábado, o partido dará comenzo as 10:00h e o Domingo as 13:00h. Os cullerdenses deberán de aumentar un espírito competitivo que lles axude a loitar por ambas vitorias e medrar ata o nivel que pode dar este grupo.

(SM) GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL VS BM. CULLEREDO

Este próximo Sábado, no municipal de Carballal as 19:00h, o BM.Culleredo visita ao conxunto olívico, Granitos Ibéricos Carballal. Os cullerdenses, despóis de retomar a senda victoriosa a pasada fin de semana, tentarán conseguir dous novos puntos que lles manteñan na parte alta da táboa. Será moi importante seguir crecendo no ritmo de xogo, voltar a recuperar sensacións colectivas no 40x20 e conseguir unha alta actividade en tarefas defensivas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *