Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Botica do Agro!

No día de hoxe queremos presentarvos a Botica do Agro, o lugar donde mercar todo o que poidas imaxinarte para o teu xardín, as ferramentas necearias para axudarche nas túas tarefas de bricolaxe da túa casa e produtos para coidar das túas mascotas.

A Botica do Agro é unha empresa composta por un equipo profesional de unhas 20 persoas que che axudarán a atopar todo aquelo que precises. Con unha experiencia de xa máis de 20 anos e crecendo ano tras ano, a Botica do Agro ofrece servizos e productos de calidade.

Poderedes atopalo seu establecemento en: Lugar da Xira, Nave 1B e aberto de luns a sábado nun amplo horario (09:00 – 21:00).

A actual Botica do Agro nace dunha primeira pequena idea levada a cabo na casa e que tralo éxito acadado e a detección da demanda existente dos seus productos e servizos, remata por concretarse no local que podemos atopar agora mesmo. Co paso do tempo foi crecendo e agora dentro do establecemento atoparemos principalmente 3 seccións: ferretería, xardín e mascotas.

FERRETERÍA

Esta sección da Botica do Agro trae consigo unha gran variedade de produtos que tanto poden satisfacer a aquel profesional que busque un producto moi concreto e dunha calidade alta, como productos máis orientados a outras tarefas doméstica que calquera de nós queira realizar.

A ferretería atópase ligada a unha gran cadea galega, “El sabio”, sendo a Botica do Agro unha das poucas ferreterías adheridas a esta cadea que podemos atopar nos arredores, sen dúbida unha marca de calidade.

XARDÍN

Nesta sección poderemos atopar unha gran cantidade de produtos, tendo a posibilidade de adquirir unha ampla variedade de plantas, flores e frutales dependendo da época do ano; ademáis de todo o que poidamos precisar para o coidado das mesmas.

Outra parte moi importante desta sección é a dos enxeres propios do xardín, como poden ser: sillas, mesas, sofás e outros elementos decorativos que farán máis bonito e acolledor o teu xardín. Se queres mellorar o teu xardín e facer que suba un nivel máis, non o dubides, ven e mira todos os productos que tes dispoñibles para facelo.

Destacar tamén dentro deste grupo un produto novedoso e revolucionario, as cortadoras de herba automáticas. Ao igual que estamos acostumándonos a velos aspiradores automáticos, dende a Botica do Agro súmanse a traer este interesante produto ao mercado. Para que todo vaia correcto, dende a Botica encárganse de todo:

  1. Estudo da zona na que queremos poñer a funcionar a cortadora.
  2. Posta a punto.
  3. Reparación se fose necesaria.

Se tes curiosidade contacta coa Botica do Agro e deixa que resolvan as túas dúbidas.

MASCOTAS

Aquí poderás atopar diferentes produtos necesario para o bo coidado da túa mascota, dende a súa casetiña, ata penso ou unha cómoda cama na que poida descansar. Ven e bota unha ollada, non te perdas todo o que a Botica do Agro che pode ofrecer para os teus animais.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

  • Web: http://www.boticadoagro.com/
  • Email: boticadoagro@hotmail.com
  • Teléfono: 981 657 022

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *