Saltar ao contido

O climanosa estivo cerca pero o Camariñas foi superior.

O Climanosa recibia ao Camariñas, xusto o rival que ten por encima na clasificación, isto era un aliciente para poder reducir as distancias entre os dous equipos , pero o Camariñas non viña de paseo a Almeiras.

O encontro empezou favorable a o Camariñas o cal conseguiu un parcial de 0-3 nos primeiros 3 min de partido por imprecisions do Climanosa na fase ofensiva.

Co paso dos minutos o Climanosa foi centrandose e sobretodo en defensa , algo imprescindible para poder competir os partidos.

A defensa 5:1 agresiva empezou a dar resultado ao equipo cullerdense ata o punto de inclsuo poder empatar o encontro e con sensacións de ir a máis según o paso dos minutos , pero certas accións de sancións disciplinarias en contra do equipo local facía que o Camariñas puider coller de novo unha renta de 3-4 goles que lle daría a tranquilidade ata o final da primeira parte .

11-14 no marcador o descanso do partido.

Na segunda metade o Camariñas seguiu incidendo no seu xogo , un xogo máis individualizadopola potencia e polivalencia de Fabio Pasantes e sería o xogador que maís rendemento sacaría a este partido.

A defensa do Climanosa non era quen de parar por certos momentos a este xogador , e logo na fase ofensva na segunda parte non estaría tan atinado o equipo cullerdense incluso fallando lanzamentos moi claros dende 6m .

Pero ainda así dicir que o Climanosa nunca se rendiu e as sensacións no partido foron moi positvas, os aspectos defensivo van mellorando e ainda que nesta ocasión fora o partido onde menos goles se conseguirán o equipo está a coller unha boa dinámica colectiva que fará evolucionar ao grupo pouco a pouco e así conseguir certos obxetivos marcados nesta tempada.

Forza Culle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *