Saltar ao contido

O Remax Riazor segue cunha boa racha

O Remax Riazor viaxaba a Vigo a enfrontarse contra o 6 do Nadal , o último clasificado desta liga de Ouro.

Comezaba o partido frío, con certas imprecisións por parte dos dous equipos, pero sería co equipo de Culleredo o que daría o primeiro golpe e forzaba a que o técnico do 6 do Nadal pidiera o primeiro tempo morto tras un parcial de 0-3 . O ritmo o seguia a impoñer o Remax Riazor que intentaba roubar balóns mediante o sistema defensivo 3:3 e na fase ofensiva primeiro chegando moi rápido con transición mediante pase e vai para poder acadar unha boa acción ofensiva.

O descanso o marcador reflexaba o ritmo defensivo que marcaba o Remax 5-16 no electrónico.

A segunda metade tivo a mesma tónica ainda que o Remax tería algún problema que outro na fase defensiva xa que o equipo local tras indicacións do seu corpo técnico comezaría a xogar con 7 xogadores no ataque , o porteiro sumabase o ataque , isto facía dudar por momentos a defensa cullerdense , ainda así os noso seguiron disuadiendo e de forma valente conseguían roubar o provocar pérdidas de balón do equipo rival.

Destacar a Hugo Diaz o porteiro do Remax Riazor que logrou dos goles de porteria a porteria e asi estrearse como goleador nesta liga de Ouro .

Bó partido de todolos xogadores do Remax que nesta finde semana terá un partido moi complicado contra o Balonmán Tui.

Forza Culle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *