Saltar ao contido

TÁBOAS DO BM. CULLEREDO CONSTRUPEREIRO EN VIGO

O encontro disputado polo BM. Culleredo Construpereiro no pavillón das Travesas ante o BM.Reconquista, finalizou con repartición de puntos e aínda que os cullerdenses dominaron o marcador con cómodas vantaxes durante a maior parte do encontro, a irregularidade defensiva facilitou o achegamento do conxunto olívico que se poñía por diante a falta de poucos minutos e a punto estivo de poder quedar cos dous puntos en xogo.


Non tardarían os de Culleredo en coller o mando no electrónico e moverse nunhas diferencias ente o tres e cinco goles, retirándose ao vestiario no tempo de descanso cun marcador favorable de 18-21. Cuns algarismos excesivamente altos, que denotaban as irregularidades na retagarda de ambos os conxuntos, o envite permanecía aberto e parecía claro que aquel que subise as súas prestacións defensivas, tería moito boletos para conseguir a vitoria.


Iniciábase o segundo acto e parecía que o BM.Culleredo Construpereiro aumentaba as súas credenciais de éxito, ampliando a diferenza aos cinco goles e mesmo dispondo de ata 3 ataques para irse aos seis. No entanto, o sistema defensivo seguía sen mostrarse solvente e deixaba moitas dúbidas con erros de vulto en varias situacións. Isto, obrigaba ao ataque a continuar cunha efectividade moi elevada e a tensión provocada pola obrigación de marcar en cada situación, sumaba en contra a medida que se achegaban os instantes finais. Neste contexto e cun conxunto local sempre combativo, os de Culleredo viron recortadas as diferenzas nos instantes finais, ata que a falta de tres minutos os olívicos conseguían darlle a volta ao marcador. Virían entón instantes de incertidume, onde a vitoria podería caer para un ou outro bando. O BM.Culleredo Construpereiro disporía dunha última acción de ataque para levar os dous puntos, pero o lanzamento final perderíase por encima da portería rival e a repartición de puntos sería o broche final a un encontro pleno de dúbidas defensivas.

Balonmano Reconquista "A": 39 (18+21) vs BM. Culleredo Construpereiro: 39 (21+18).

BM. Culleredo Construpereiro: Marco González (P), Marcos Regueiro (5), David Martínez (4), Adrián Veira (6), Iván Sánchez (2), Diego Del Río (1), Aaron Blanco (2), Antón Pérez, Samuel Seijas (12), Daniel González, Josemi Martínez (5), Lucas Sánchez (1), Juanfran Pazos, Teo Calvo, Alejo Martínez (1), Anxo Negreira

Parciais cada 5´: 2-3 / 7-8 / 8-12 / 11-16 / 14-18 / 18-21 / Descanso / 20-25 / 24-28 / 30-32 / 33-35 / 37-37 / 39-39 / Final.

Colexiado: Alberto Rodríguez.

Incidencias: Novena xornada de liga en categoría cadete masculino, disputada na pista central do pavillón das Travesas en Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *