Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

A xornada vense chea de partidos, con competición tamén por primeira vez neste 2022 para @s máis pequen@s do clube. Non te perdas os partidos dos teus equipos e vente a ver balonmán do bo!

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS FARO DE VIGO CARBALLAL

As cullerdenses reciben ao líder da clasificación en Almeiras, prómetese un partido moi competido xa que as bodas sabemos que no van deixar un partido fácil as primeiras clasificadas e incluso buscan dar a sorpresa ou polo menos intentalo.

(IM) OAR CORUÑA 1952 VS BM CULLEREDO SUTENOR

Tócalle aos rapaces do Sutenor un partido desos que gustan, un partido no que ambos equipos loitarán nin máis nin menos que polo liderato desta liga infantil masculina de prata. Este sábado ás 10:30 no San Franscisco Javier tedes unha cita co mellor balonmán infantil de prata.

(IM) NUTRENDO SEIS DO NADAL VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Viaxa o REMAX Riazor a Vigo para enfrontarse ao último clasificado da liga.

O equipo cullerdense busca una nova victoria consecutiva para non despegarse dos primeiros postos da rabia xa que está todo moi asustado.

Moita ilusión nesta viaxe, e moitas gañas de xogar un novo partido coa camiseta cullerdense.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS GRÁFICAS LASA CARBALLAL

As nosas cadetes reciben ao líder da clasificación, de seguro que será un partido moi complicado para elas. Ainda así, sabemos que o Fisioterapia Benestar non se vai render en ningún momento e buscará poérlle as cousas moi difíciles a este líder intratable da liga cadete femenina de ouro.

(CM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS BM CAMARIÑAS

Retoma a competición o Climanosa despois dun pequeno parón.

Visítanos o Camariñas un equipo moi aguerrido que conseguía a vitoria na súa casa no partido de ida, pero nesta ocasión o Climanosa buscará a vitoria que se lle escapou nesa visita a Camariñas.

Moitas ganas de poder ofrecer boas sensacións á afición cullerdense.

(CM) BALONMANO RECONQUISTA DE VIGO “A” VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

O conxunto cadete BM. Culleredo Costrupereiro, buscará o próximo Sábado unha nova vitoria, esta vez en terras olívicas, xa que os cullerdenses viaxan ata Vigo para enfrontarse ao Balonmán Reconquista na pista vermella do pavillón das Travesas. O BM.Culleredo Construpereiro, tentará facer valer o seu bo momento de forma e continuar crecendo partido tras partido e, deste modo, seguir de preto a parte alta da táboa clasificatoria. O encontro comenzará as 12:45h.

(XF) BALONMANO PORRIÑO “A” VS BM CULLEREDO RAFERGAL

Despois do parón ligueiro e un aprazamento de partido, as de Culleredo retornan a competición e comezan a segunda volta contra o primeiro clasificado da Liga.

Esperemos que tal feito non merme as ganas de saír a polo partido e comezar unha segunda volta repleta de sorpresas en máis dunha xornada.

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS MARUXÍA ASESORES ARTEIXO BM

Este sábado ás 13.00, o xuvenil prata enfrontarase ao balonmán Arteixo, na antepenúltima xornada ligueiro. Encontro importante para os nosos, ante un rival directo. Tentaremos loitar polos 2 puntos coma guerreiros e así obtar aos postos de honra da táboa. Imos a por todas!

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS LUCEROS

O BM. Culleredo Despreocúpate.es, afronta este Domingo outro duro partido, recibindo no pavillón de Tarrío ao Luceros de Cangas. Os xuvenís do BM. Culleredo, que seguen a sofrir as numerosas baixas nun plantel mermado de efectivos, tentará facer un bo papel ante un dos mellores conxuntos galegos da categoría e mellorar na súa dinámica competitiva, así como nas diferentes fases do xogo. O partido dará comenzó as 10:30.

(SM) BM.CULLEREDO VS BM.NARÓN FERROLTERRA

Este próximo Sábado, no municipal de Tarrío as 17:00h, o BM.Culleredo recibe ao conxunto do Balonmán Narón-Ferrolterrra. Os cullerdenes, despóis de ceder os primeiros dos puntos na casa o fin de semana pasado, tentarán no só resarcirse da derrota, senón tamén recuperar boas sensación en canto á fluidez no xogo colectivo. Será moi importante imprimir un bo ritmo ao encontro e conseguir unha boa compenetración no aspecto colectivo en tarefas atacantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *