Saltar ao contido

NOVA VITORIA DO BM.CULLEREDO PARA CONTINUAR NOS POSTOS DE PRIVILEXIO

Afrontaba o BM.Culleredo, o primeiro encontro da segunda volta na 1ª División Autonómica, coa obrigación de sumar dous novos puntos para seguir nos postos de privilexio. O encontro da xornada, o "PARTIDO CRISTALERÍA GESTAL", estivo presidido por Jorge Gestal, xerente da esta empresa, que colabora co seu patrocinio no labor e o proxecto do BM.Culleredo.


O conxunto de Culleredo, debía de resarcirse da derrota sufrida a pasada semana ante o BM.Lavadores e, a pesar das múltiples baixas para este encontro, atopar o camiño cara á vitoria e afianzarse de novo no modelo de xogo para conseguir este obxectivo. Tres xuvenís entrarían nesta ocasión na convocatoria, Nuno, Senén e Martín (os dous primeiros de primeiro ano) e terían un papel activo nos dous puntos conseguidos.


Os locais, aínda coa derrota da semana pasada na retina e no subconsciente, asinaron unha primeira parte con pouco ritmo e moi irregular, nas antípodas do modelo. A pesar diso, a calidade individual e o fondo de armario serían suficientes para dominar o envite por un 19-17 ao descanso.
Sería no segundo acto onde os cullerdenses poñerían a directa e, no meridiano, a distancia conseguida xa era de oito goles (28-20). Tres goles encaixados en quince minutos, serían a clave para impor o ritmo que máis conviña e sentenciar virtualmente un encontro que xa non tería maior lectura. Ao final, 37-29 e dous novos e importantes puntos para o BM.Culleredo que lles permite continuar de cheo na loita polos seus obxectivos.

BM. Culleredo: 37 (19 + 18).  Antonio Vieiro (p), Cristian Vigo (p), Senén Garea (3), Alberto Catoira (2), Martín ísua (1), Carlos Costa (6), Iago Franco (1), Mario Crecente (5), Álvaro Fdez (2), Iago Ferreiro (1), Marcos Vázquez (1), Diego Gago (2), Darío Pérez (4), Miguel Casal (3), Juanchi (2), Nuno Loxo (4).

BM.Narón-Ferrolterra: 29 (17 + 12). Joel Muiño, Pablo Otero (1), Yago Torres, Jesús Daniel Montero (2), Alejandro Dopico, Marcos Pombal (1), Ángel Eimil (6), Ignacio Foces (5), Pablo Mª Rodríguez (1), Elías Paz (9), Gonzalo Rioboo, Hugo José Piñón (4).

Árbitros : Henrique Folgoso e Pablo Barreiro. 

Incidencias:  Primeira xornada da segunda volta na 1ª autonómica masculina. Partido disputado no municipal de Tarrío con moi boa entrada e a presencia de Jorge Gestal, xerente de CRISTALERÍA GESTAL, patrocinador do clube.

Fotos do encontro:

https://photos.google.com/share/AF1QipOLX6hsIyvTmbg8h9gRBuOFyzejy90LcuVOIeRVsx8062flm4ONNeQ8Xo6hyw_EDA?key=aFhiZ2FkWXNsWXQ5VG44OENmUWZuX0xOMmU1c253

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *