Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

Xa temos a todos os equipos de volta á competición esta fin de semana, con xornada dende benxamíns ata senior. Non o dubides e acércate aos pavillóns a animar ao teu equipo, recorda que o balonmán galego é seguro!

(IF) BALONMÁN CHAPELA VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

Este sábado ás 11:30 as nosas rapazas do Canosa Abogacía volven á competición no sempre complicado pavillón do Bm Chapela. Tralas boas sensacións dos últimos encontros as nosas buscarán seguir nesa liña e loitar por traer para a casa 2 novos puntos que premien o bo traballo feito por estas rapazas.

(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS A.D. CARBALLAL

Nova xornada ligueira para o Remax Riazor, desta vez toca xogar en Almeiras fronte ao A.D. Carballal, rival directo na competición e co que nos atopamos empatados a puntos. De seguro será un partido desputado, que se decida por pequenos detalles e gañe quen gañe veremos un balonmán de nivel. O sábado ás 13:00 en Almeiras temos unha cita co mellor balonmán infantil de Galicia.

(CF) BALONMÁN CHAPELA VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Xa están de volta a rapazas do Balonmán Culleredo que na mañán do sábado desprazaranse a terras viguesas. Fronte, o Balonmán Chapela, un equipo cheo de historia.

Logo deste parón ligueiro houbo tempo de correxir e mellorar  cousas que de seguro veremos está fin de semana.

(XM) BM AROUSA VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Este sábado pola tarde, os nosos xuvenís de prata desprazaranse a Arousa para desputar a xornada número once da liga.

Logo da victoria do finde pasado, os nosos con máis confianza que nunca, afrontan o encontro con intención total de traer os dous puntos e seguir rozando os postos altos da táboa.

Forza culle!

(XM) BALONMANO PORRIÑO VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

O BM. Culleredo Despreocúpate.es, afronta este Domingo outro un duro partido visitando a pista do Balonmano Porriño. O conxunto cullerdense segue a acumular baixas importantes por lesións e todavía non foi quen de afrontar un partido con todos os seus efectivos disponibles. A pesar de esta merma, os de Culleredo tentarán competir cos efectivos disponibles ante o bo conxunto do Porriño. O partido dará comenzo as 10:45 no municipal de Porriño.

(SM) BM.CULLEREDO U.B.LAVADORES VIGO

Este próximo Sábado as 19:00h, o BM.Culleredo recibe ao conxunto olívico do U.B.Lavadores. Será un encontró de altura, xa que os dous equipos, aspirantes ao título, ocupan a parte alta da táboa clasificatoria. Os cullerdenses pretenden facer valer a súa condición de locais e conseguir os dou puntos en xogo, tan importantes para manterse de cheo na pelexa pola primeira praza. O encontró dispurarase no municipal de Tarrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *