Saltar ao contido

Importante victoria para o xuvenil Óptica Gallaecia.

Este pasado sábado, o xuvenil de liga prata, recibía no municipal de Almeiras ao CP Lucense, na décima xornada ligueira. Duelo de embergadura e intensidade no que os nosos, fieis a un bo esquema defensivo, contundente e organizado e un bo despregamento do contraataque en 1ª e 2ª ondada, levábanse o encontro con comodidade cunha diferenza de dezasete tantos no electrónico.

O encontro comezaba ben para os nosos, conseguindo un parcial de 8-2 nos primeiros dez minutos, diferenza que fumos quen de manter ata o final da primeria parte. Na segunda parte, a tónica foi a mesma, os nosos non baixaron os brazos e a intensidade en ningún momento, o que propiciaba que pouco a pouco, a diferenza fose crecendo.

Neste duro e bronco partido, os nosos mantiveron sempre a cabeza fría e foron quen de demostrar educación e respeto ao rival, tan só xogando ao balonmán. Por eso que, dicir que estamos orgullosos deste grupo, quédase corto. Seguimos mellorando en cada encontro que afrontamos e seguimos obtendo millores sensacións, tanto na faceta táctica, coma na faceta de facer grupo.

A pesar de todo o positivo do encontro, o noso xogador Iago Bescansa, nunha acción defensiva, levaba un gran golpe na faciana, facendo que tivese que abandonar o encontro. Dende aquí mandamoste unha rápida e boa recuperación, pronto estás de volta!!!!! Moito ánimo e... FORZA IAGO!!!!!!!

Noraboa polo esforzo rapaces, o merecedes. Afrontamos o seguinte encontro con gañas e ilusión de obtar polos primeiros tres postos da táboa.

FORZA CULLE!!!!!!!!!!!!

GOLES

Culleredo: Iago Bescansa 3, Puguita 4, Álvaro del Busto 8, Fariña 3, Teo Calvo 2, Shaiel Costa 4, Kidus 9, Marcos 3, Nico Vázquez 2, Dani González 2, Xoel Ínsua, Javi (p), Iván (p)

Lucense: Brais Redondo 7, Unai López 6, David Yañez 4, Pablo Navia 2, Enrique Rodríguez 2, Esteban Díaz 2, Bieito Martínez, Miguel Ángel Prado, Samuel Hermida.

PARCIAIS CADA 5':

4-1/ 8-2/ 13-4/ 17-6/ 18-8/ 20-10/ desc./ 24-14/ 26-16/ 31-17/ 34-18/ 38-20/ 40-23/ final.

ARBITRAXE:

Ivan Hernández, Renzo Martínez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *