Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

Voltamos ás pistas tralo parón de Nadal, con moitas ganas de comezar este novo ano 2022. Para os/as xogadores/as máis pequenos/as do clube, comezamos co torneo que organiza este sábado á mañá o Arteixo Bm, donde os nosos benxamíns e alevíns retomarán a competición.

Ademáis, poderemos disfrutar en Almeiras de 3 encontros da liga de prata dos nosos equipos masculinos da categoría infantil, cadete e xuvenil:

(IM) BM CULLEREDO SUTENOR VS CP LUCENSE

Este sábado ás 11:00 en Almeiras, o Sutenor ten por diante un novo reto nesta dura liga de prata infantil masculina. Desta vez toca volver a enfrontarse a un CP Lucense que nos derrotou no partido de ida e os nosos rapaces queren que sexa diferente nesta ocasión.

Se tras este parón de Nadal conseguimos volver ao nivel defensivo amosado nos últimos encontros, de seguro que o partido será moi diferente ao de ida e os rapaces do Sutenor pelexarán ata o final polos 2 puntos!

(CM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS BM RIBADOSAR

Retorno á competición do Climanosa despois do parón de Nadal, toca un partido moi complicado contra un Ribadosar que ocupa os primeiros postos da clasificación.

O Climanosa busca complicarlle o partido en Almeiras e que os dous puntos queden en Culleredo.

Forza Culle!

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS CP LUCENSE

Este sábado as 13:00, no municipal de Almeiras, os nosos xuvenís de prata enfrontaranse ao CP Lucense na décima xornada da liga.

Partido que amosará competitividade e intensidade ante un rival moi físico e duro na faceta defensiva, onde os nosos tentarán amosar o seu millor xogo que levan mantendo nestas últimas xornadas. Que millor que empezar o ano cunha Victoria!!!!

Forza culle!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *