Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, CAE ANTE O BM.TUI NUN MAL PARTIDO

Mal partido do BM.Culleredo Despreocúpate.es para terminar o ano e derrota ante o BM.Tui no seu feudo.

Os cullerdenses, que ben é certo, continúan minguados desde o inicio de tempada polas baixas dalgúns xogadores por lesión, non foron capaces de competir ante o equipo tudense e non puideron conseguir os dous puntos en xogo despois de ir todo o partido a remolque no marcador.

Os numerosos erros non forzados foron un lastre evidente que minimizaron as posibilidades de éxito dos de Culleredo e é que desde os primeiros instantes, apareceron de forma repetitiva, facilitando as contras do conxunto local e a suma de tantos á marcadora destes. Un gran problema que, unido aos desaxustes defensivos que chegaban pola falta de profundidade no centro e polos erroos nos cambios de opoñente, facían da remontada unha utopía co paso dos minutos. Ao descanso, a vintena de goles encaixada polo BM.Culleredo Despreocúpate.es, convertíase nun buraco que urxía tapar para reverter a situación (20-16).
Tras a continuación, as ilusións desvanecíanse ao primeiro de vez e é que os erros en pases e recepcións volvían acumularse para achandar o camiño dos intereses do BM.Tui (32-24 min 15). A partir do meridiano deste acto, o encontro estaría de todo definido e os locais terían unha recta final prácida e sen sobresaltos para conseguir os dous puntos en xogo.

BM.Tui: 39(20+19). Pablo Gándara (9), Anxo Vila (1), Diego Rodríguez (12), Carlos J. Correia, Lucas Ramos (2), Jorge Domato (7), Lois Estévez (1), Rubén Gómez, Miguel Pena (2), Iker Balado (2), Pedro Pérez (3), Hugo Rodríguez, Mateo Moroño, Alex Dacuña, Antón Paz.

BM. Culleredo Despreocúpate.es: 32(16+16). Jorge López (P), Iván Manzo (p), Xoel Garrido (3), Iago Bescansa (2), Martín Ínsua (5), Iago Chao, Mateo Kidus, Nicolás Pérez (5), Lucas Sánchez, Senén Garea (8), David Martínez (1), Samuel Seijas (5), Gonzalo Palleiro (3).

 Parciais cada 5´: 3-1 / 6-3 / 10-5 / 12-11 / 16-13 / 20-16 / Descanso / 24-20 / 28-22 / 32-24 / 34-26 / 38-27 / 39-32 / Final.

Colexiados: Danijela Savic e Mariano Hernán .

Incidencias: Xornada oitava da liga Ouro xuvenil masculina disputada no pavillón Novo Tui.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *