Saltar ao contido

Enorme esforzo sen premio para o Óptica Gallaecia.

Este pasado domingo, o xuvenil de prata erguíase cedo para viaxar a Ribadavia a desputar a novena xornada de liga ante o historico Carnes do Ribeiro. Duelo ante o primeiro clasificado da táboa no que os nosos non foron quen de levarse os dous puntos de volta a Culleredo pese o gran esforzo e a gran imaxe que deron no 40x20.

O partido comezaba moi igualado para ambos bandos, con pequenas diferenzas no electrónico de un e dous goles ata o minuto vinte, a nosa defensa, moi activa e sen fisuras, freaba as embestidas rivais, provocando sendas recuperacións de balón, malia iso, as precipitacións na suba ao ataque en segunda ondada provocaban perdas de balón con erros de pase ou fallos de lanzamento nos seis metros.

A tónica da segunda metade foi similar, pero o cansanzo acumulábase nos nosos, e por momentos a falta de osixeno facíanos seguir cometendo perdas no ataque e algún que outro despiste na retagarda. Malia iso, os nosos deron o cen por cen na pista, amosando moi boa actitude cun xogo maduro e combinativo digno de eloxiar. Este grupo vai de menos a máis, facendo partidos cada vez máis competitivos e facendo unha moi boa unión de grupo.

Recordamos que este equipo encaraba o encontro con só dez xogadores, sendo tan só oito de campo, polo que a repartición de minutos non tiña moita complicación, moitos xogadores asumiron os sesenta minutos con valentía e entrega total, deixándose ata a última gota de suor.

Orgullosos deste grupazo de rapaces que malia a derrota, seguen nunha tendencia ascendente.

Merecidas vacacións para todos eles. Agora toca descansar e pensar no seguinte encontro que será ante o CP Lucense, no municipal de Almeiras á volta do Nadal.

Felices Festas e FORZA CULLE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Carnes do Ribeiro 33-29 Culle Optica Gallaecia

GOLES:

Teo 6, Bescansa 5, Del Busto 10, Shaiel 3, Kidus 4, Puga 1, Iván, Javi, Fariña.

PARCIAIS CADA 5':

3-4/ 7-7/ 10-11/ 13-16/ 15-19/ 17-20/ desc./ 20-22/ 22-24/ 23-27/ 25-30/ 31-27/ 33-29

ARBITRAXE:

Lucía Rodriguez e Diego Rivera.

INCIDENCIAS:

Novena xornada da liga prata desputada no municipal O Consello, Ribadavia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *