Saltar ao contido

SUFRIDA VITORIA DO BM.CULLEREDO PAR TERMINAR O ANO NOS POSTOS DE PRIVILEXIO

O BM.Culleredo, quería e necesitaba resarcirse da derrota sufrida a pasada semana en Porriño. Quería, para volver recuperar as boas sensacións perdidas, especialmente na segunda parte daquel encontro e necesitaba, para continuar na crista da onda da clasificación e conseguir un pouco máis de distancia cun rival directo como o Poio Artai.
Nun bo inicio a nivel defensivo, os cullerdenses acumularon numerosos erros sós ante o porteiro, estrelando balóns de forma repetida no corpo do cérbero local ou na base do poste da portería defendida polo mesmo. Co paso dos minutos e ante a falta de concreción do conxunto de Culleredo, o Poio Artai acabaría por aproveitar tanto "perdón" e daría un paso máis, para mesmo dominar o envite no electrónico traspasado o mediado do primeiro tempo (9-7). O BM.Culleredo estaba noqueado e non se sabía moi ben como se puido chegar a esta situación despois daquel inicio amosando tanta superioridade. No entanto, os de Culleredo reaccionarían a tempo para poñer as táboas no marcador cun lanzamento de golpe franco directo e poder así comezar de novo, cambiando a dinámica no segundo acto (13-13).


A pesar desta segunda oportunidade con outros trinta minutos por diante, o envite non mellorou e ambos os equipos sumíronse en ataques individualistas e pouco elaborados que non permitían a ningún distanciarse no marcador. Agora eran os de Culleredo os que permanecían a maior parte do tempo por diante, pero a irregularidade nas accións deixaba a incertidume como dona dun destino que se disiparía na última acción do encontro, cando Cristian conseguía atallar un 7m e o seu posterior rexeite para darlle os tan ansiados dous puntos ao BM.Culleredo.

Poio Artai: 27 (13 + 14) . Carlos Laranxeiro, Mario García De Seárez, Santiago Calvo, Daniel Balea (4), Oscar Mosquera (7), Tomás Balea (2), Fernando Mosquera (7), Alberto Bao (4), José Veloso, Pablo Piñeiro (1), Álvaro Salgueiro, Francisco Emilio Oliver, Martín Rodríguez (1), Alberto Domato (1), Rodrigo Rodríguez, Santiago Picallo.

BM. Culleredo: 28 (13 + 15).  Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Antonio Vieiro (p), Alberto Catoira, Carlos Costa, Senén Garea (2), Iago Franco (2), Mario Crecente (3), Álvaro Fdez (2), Iago Ferreiro (9), Diego Gago (4), Juanchi, Darío Pérez, Adrián Díaz (1), Daniel De Salvador (4), Aresi (1).

Árbitros : Cesar Díaz e Carlos Manuel Alonso. 

Incidencias:  última xornada da 1ª autonómica masculina no 2021. Partido disputado no municipal da Seca en Poio con boa entrada de siareiros de ambos os conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *