Saltar ao contido

REMATANDO O ANO

Tocaba madrugar nesta xornada co desprazamento mais lonxano da competición. Un factor que puido pasar factura indirectamente o xogo do Fisioterapia Benestar.

Nos compases iniciais de partido, as cullerdenses comezaron centradas e o encontro parecía que estaba igualado. A mediados da primeira parte o Atlético Guardés comezou a coller ventaxa no marcador e o seu xogo foi superior as de Culleredo.

A primeira parte rematou cun marcador xa moi diferenciado pero por diante ainda quedaban 30 minutos de xogo.

Unha segunda parte chea de altibaixos por parte do equipo visitante no seu xogo tanto en defensa coma en ataque, era aproveitado polo equipo local aumentando asi a súa ventaxa.

A pesar da gran ventaxa, o equipo do Fisioterapia Benestar levantouse unha e outra vez loitando ata o asubío final do partido.

Mecalia Atlético Guardes A 30 (17+18): Andrea Portela Ruiz , Alba Alvarez Perez (4) ,Angela Portela Rodriguez (2) ,Daniela Alonso Marcano (4) ,Marta Vicente Gandara, Alba Fernandez Da Costa (3), Mara Alonso Fernandez (1), Yara Pacheco Pereira , Iratxe Goyas Alvarez (6), Maria Baz Lomba (2), Paula Alvarez Garces (2), Carmen Magallanes Perez (3) , Laura Gonzalez Alonso(3)

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 12 (5+7) Aroa Barbeito Casas ,Carla Bello Lopez (1), Marina Rodriguez Fernandez (4), Carla Muiño Cancela (2), Paula Vidal Rouco ,Aitana Tasende Dominguez (2) ,Tirsa Suarez Gil, Carla Corral Quian , Maria Bescansa Alcoba (2), Sofia Gerpe Insua, Noa Insua Gomez ,Carla Estraviz Suarez , Paula Peteiro Vazquez (1) ,Valentina Martinez Fiuza

Parcial cada 5 minuto: 3-3/5-3/6-3/9-4/13-4/17-5 Descanso 20-6/21-7/24-7/26-9/28-10/30-12 Final

Colexiados: Cesar Diaz Garcia

Incidencias: 6ª Xornada da Liga Ouro celebrada no Pavillón municipal de A Sangriña. Con 30 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *