Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Clínica Seoane y Freire

Hoxe queremos presentarvos a un dos apoios para o crecemento da nosa familia cullerdense, nesta entrega do “Hoxe coñecemos a…” queremos presentarvos a Clínica Seoane y Freire.

Poderedes atopala Clínica Seoane y Freire na rúa Amparo López Jean, 6, donde vos atenderán coa maior profesionalidade e coidarán do voso sorriso e saúde dental. Non dubidedes en contactar coa clínica para pedila túa cita, tendo en conta que ofrecen un amplo horario para facilitarcho todo o posible.

  • De luns a venres: 10:00 – 19:00

¿QUEN FORMA SEOANE Y FREIRE?

A Clínica Seoane y Freire nace no ano 2018 da man de 2 profesionais do ámbito que deciden asociarse e montar un equipo que poida darlle aos seus clientes os mellores servizos. Estas dúas socias son Isabel Seoane e Vanesa Freire, dúas persoas con ampla experiencia e que dirixen un gran grupo formado por ata 6 dentistas e 4 hixienistas.

  • Isabel Seoane: é unha doutora con moita experiencia, sobre todo no trato aos máis pequenos da casa.
  • Vanesa Freira: doutora especializada na ortodoncia, traballando moito coa novedosa e interesante ortodoncia invisible, que nos da unha alternativa aos brackets.

Hai que destacar tamén que contan coa colaboración de outros doutores/as con especialidades concretas, o que axuda a que os servizos ofertados sean de alta calidade para que os/as clientes poidan ter unha atención de 10.

Con este gran equipo, dende Seoane y Freire poden facer fronte a calquera servizo de odontoloxía co mellor dos resultados.

¿COMO AFECTA O COVID?

A clínica é un entorno seguro de cara ao COVID19, xa que ás medidas habituais que todos tomamos agora, se lle suman ás existentes anteriormente. Ademáis a clínica conta con purificadores de aire, o que aumenta máis aínda a súa seguridade.

A pesares de que na pandemia se viron obrigadas a cerrala clínica para atender únicamente urxencias, agora a clínica volve a estar a pleno rendemento. Dende a clínica reciben clientela de Culleredo e todos os concellos limítrofes, avalados polos bos resultados dos seus servizos.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

Non dubides en contactar coa clínica para informarte de todo o que precisas e confialo coidado da túa saúde dental a un grupo de auténticas profesionais.

  • Teléfono: 881 026 649
  • Email: clinicaseoanefreire@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *