Saltar ao contido

Nova victoria consecutiva para o Remax Riazor

O Remax Riazor aupase despois de gañar o Balonmán Cangas a os postos de cabeza nunha liga moi igualada.

Un bó comezo nos primeiros minutos do Remax sobretodo na faceta defensiva fixo que o equipo culleredense tivera xa unha ventaxa de 2-3 goles no marcador.

Nesta fase defensiva que tanto lle deu o equipo local, foi grazas a reactividade desta , xa que se puideron forzar numersos lanzamentos desequilibrados po zonas exteriores e interceptacións de balón que daban sendos contrataques para aumentar máis a distancia no electrónico.

Na fase ofensiva o Remax Riazor conseguía bas accións de gol mediante procedimientos dinámcos de pase e vai o transformacións de primeira liña, pero esas acción moitas eran desestimadas grazas o porteiro rival do Cangas , que estivo moi acertado.

O descanso 11- 8 a prol dos locais.

Na segunda metade , o ritmo foi moi parecido , o Remax plantexando o encontro dende a defensa para poder sair rápido ou aproveitar o ataque estático para poder xogar tácticamente e crecer como equipo de cara o futuro .

Por momentos o Remax conseguia ampliar a ventaxa ata 6 goles pero unhas imprecisións defensivas nos últimos minutos facían que o Cangas recortara distancias, ainda así o partido xa estaba controlado polos xogadores locais que sumaron unha nova victoria.

Destacar o debut de Pablo Ares e Xoán Seoane no Remax Riazor.

Na seguinte xornada toca visitar a un rival moi duro como é o Lalín.

Forza Culle.

Remax Riazor Bm Culleredo: Hugo Diaz, Hugo García,Teo López (3),Xoán Canedo , Fabián Manzo (2), Xoán Bello (3), Jorge Outón(8),Jaime Serrano(4),Xoán Seoane,Iago Allegue(2),Jairo Candamio (1),Hugo Bermúdez(3),Diego Piñeiro(1).

Bm Cangas: Rubén Costas, Uxío Vilariño(2),David Fernández(2),Rodrigo Colinas(2),Tadeo Diaz(2),Nicolás Graña (4),Aitor Costas(8),Xabier Cordeiro.

Parciales cada 5`: 3-0/4-2/7-4/9-5/11-8/14-9/16-11/17-13/21-16/24-19/27-23

Árbitro: Ángel Mateos

incidencias: Partido de liga de Ouro Infantil Masculina disputado no pavillón municipal de Almeiras , Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *