Saltar ao contido

GRAN VITORIA DO BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO ANTE O INVICTO LUCEROS

O BM.Culleredo Construpereiro, conseguíu unha meritoria e importantísima vitoria ante o Pizzería Baratto Luceros, conxunto que ata a data permanecía invicto no campionato e ocupaba os postos altos da táboa clasificatoria.
Nun partido igualado e con alternativas no marcador, os cullerdenses nunca deron un paso atrás no intento de sacar algo positivo ante o equipo do Morrazo e, aínda que estiveron por detrás no marcador ao longo dos primeiros trinta minutos, conseguirían chegar ao tempo de descanso cunha diferenza mínima que deixaba todo aberto cara á continuación (16-17).
Conseguían os de Culleredo darlle a volta ao partido e poñerse por diante aos cinco minutos do segundo acto (21-20), entrando o envite nun momento de incertidume e absoluta igualdade que se mantería ata o desenlace final. Con sucesivas igualadas e alternativas para un e outro conxunto, chegábase aos segundos finais, nos cales, o BM.Culleredo Construpereiro conseguiría un 7m clave no encontro. Despois de transformalo, os de Cangas tan só disporían de dez segundos para atacar, tempo que ao cabo sería insuficiente para conseguir a igualada e que daría os dous puntos en xogo aos de Culleredo, unha vitoria que deixa aos locais a tan só dous puntos da primeira praza da clasificación nunha liga apaixonante e igualada.

BM. Culleredo Construpereiro: 34(16+18). Marco González (P), Marcos Regueiro (4), Adrián Veira (5), Iván Sánchez (2), Diego Del Río (1), Aaron Blanco (1), Antón Pérez, Samuel Seijas (10), Daniel González (2), Josemi Martínez (2), Lucas Sánchez, Juanfran Pazos (2), Teo Calvo (1), Antón Pérez, Anxo Negreira, Alejo Martínez (4).

Pizzería Baratto Luceros: 33(17+16). Lucas Jimenez (7), Gael Pais (2), Mauro Sotelo (2), Miguel Peixoto, Eloy Pérez, Antonio Rodal, Borja Fdez, Gabriel Miranda (1), Hector Da Cunha (6), Alexander Dovhanyk (1), Adrián Chapela, Eloy Domínguez (14).

Parciais cada 5´: 2-3 / 5-8 / 7-10 / 10-13 / 13-15 / 16-17 / Descanso / 21-20 / 24-23 / 25-25 / 28-28 / 30-31 / 34-33 / Final.

Colexiado: Ángel Mateos.

Incidencias: Xornada 6 na liga Ouro da categoría cadete masculino, disputado no polideportivo municipal de Almeiras con boa entrada de público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *