Saltar ao contido

SAMUEL SEIJAS, a SELECCIÓN NACIONAL

Samuel Seijas Piñón, xogador cadete do clube Balonmán Culleredo, convocado coa selección española promesas masculino

Estamos de parabéns no Balonmán Culleredo, entre outras cousas por mor da convocatoria do xogador cadete do clube, Samuel Seijas, para formar parte do equipo nacional promesas masculinas, de cara a celebración do Torneo 4 nacións na cidade de Toledo entre o 13 e o 19 de decembro. Neste torneo participan os equipos nacionais de España, Portugal, Francia e Eslovaquia.
"Samu" formará parte do total de 18 convocados co equipo nacional as ordes de Daniel Sánchez-Nieves, sendo xunto con Nicolás Giráldez (BM Porriño) os únicos Galegos convocados logo de xa 4 meses de traballo en distintas concentracións nacionais.


Non é só balonmán...

É a primeira vez que un xogador de Culleredo é convocado a unha selección nacional, o que amosa a importancia da convocatoria, no senso que os 18 rapaces que compoñen a convocatoria final tiveron que pasar varios cortes amosando a súa valía, compromiso e esforzo ante os técnicos nacionais. As concentracións nacionais desenvolvéronse no centro de alto rendemento de Serra Nevada, en Granada, ao longo de varias convocatorias dende o mes de agosto. É importante sinalar que, nestas concentracións nacionais, ademáis de evaluar a valía, o compromiso e o esforzo de cada rapaz, tamen se dan pautas para que poidan compaxinar a súa actividade na elite do balonmán español cos seus estudos, sendo estos últimos o máis importante en todo momento. Ademáis do esforzo nos adestramentos, existe unha alta esixencia a nivel académico que hai que manter.

Un longo camiño...

Samuel comezou a xogar a balonmán no Balonmán Culleredo sendo benxamín de primeiro ano, en terceiro de primaria, logo de participar en idade de educación infantil na escola de Xogos con Pelota no CEIP Tarrío e logo probar distintos deportes. O balonmán enganchoulle dende o comezo, tanto no aspecto deportivo coma no social, formando un sólido grupo de amizades que se manteñen a día de hoxe (e ademáis xogando a balonmán en Culleredo).

Virían campionatos provinciais, galegos, en diversos torneos (quen non lembra o Torneo Globalmar-Vigo no 2018?) comandando unha xeración tremendamente traballadora e seria, que o dan todo polo balonmán. Samuel é a cabeza máis visible deste grupo de rapaces, e os seus valores compárteos cos compañeiros da súa xeración do 2007.

O exemplo a seguir polos máis cativos...

Sen pretender ser o líder, os cativos do clube queren reflexarse neste gran rapaz, tanto polos seus valores deportivos coma humans, pretendendo seguir a súa estela, e abofé que o fan moitos deles. Samu é o exemplo vivo que con esforzo, traballo, dedicación, compromiso, perseverancia, compañeirismo... pódese chegar a onde un se propoña.

PARABENS SAMU, e a seguir traballando, seguramente máis ainda.


HORARIOS DOS PARTIDOS:

XOVES, 16 de decembro
17.15 h. | Francia : Portugal
19.30 h. | España : Eslovaquia
VENRES, 17 de decembro
17.15 h. | Eslovaquia : Francia
19.30 h. | España : Portugal
SÁBADO, 18 de decembro
10.00 h. | Portugal : Eslovaquia
12.15 h. | España : Francia

Galería fotográfica de "Samu" dende os seus inicios no Balonmán

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *