Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

Xornada de balonmán pragada de partidos, na que teremos competindo a todas as nosas categorías, dende os biberóns ata os senior. A maiores das competicións habituais, teremos tanto xornada prebenxamín-biberón como xornada de minibalonmán benxamín-alevín.

(IF) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

O Abogacía Canosa busca sumala súa segunda victoria ao casillero, nesta ocasión será fronte a un clásico como o Atlético Guardés, que quere facer un fortín na súa pista e amosar por que é un dos equipos que sempre hai que ter en conta. As nosas rapazas veñen nunha boa liña, traballando a un moi bo nivel e de seguro que será un moi bo partido.

(IM) BM LÍNEA 21 VS BM CULLEREDO SUTENOR

O Sutenor visita este domingo a pista do Línea 21 para intentar sumar unha victoria que nos poida acercar á cabeza da competición nun momento no que todo está moi igualado. Tralo duro empate ante o Liceo, os rapaces están corrixindo os erros cometidos e veñen con moitas ganas de amosar o ser verdadeiro nivel.

(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS BALONMÁN CANGAS

De volta á competición, esta vez o Remax Riazor enfrontarase ao Bm Cangas que ven de conseguir a súa primeira victoria da tempada. Os nos buscan ser fortes na casa e conseguir sumar unha victoria máis para poder acercarse aos primeiros postos.

(CF) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS “A” VS BM CULLEREDO FISOTERAPIA BENESTAR

O Fisioterapia Benestar busca a súa primeira victoria na liga despois do parón ligueiro polas seleccións autonómicas. O equipo ten moitísimas ganas de acadar esa victoria e está a traballar duramente para poder materializala.

Enfronte terán a un Atlético Guardés que está nos primeiros postos da clasificación e non dará facilidades para conseguir os dous puntos.

(CM) GRUPO LEMACO XIRIA “B” VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

O Climanosa enfrontase a un dos rivais máis fortes da categoría, pese á súa xuventude, o Lemaco Xiria está a facer méritos para ser o primeiro clasificado. Pola súa parte, o Climanosa busca encontrar unha zona de confort defensivo para poder acadar os obxetivos desta tempada.

(CM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS PIZZERÍA BRATTO LUCEROS

O conxunto cadete BM. Culleredo Costrupereiro, buscará o próximo Sábado unha xesta complexa ante un dous conxuntos máis fortes da categoría asentado dende a primeira xornada no alto da táboa clasificatoria. Os cullerdenses tentará competir para sacar os dous puntos na casa ante o Pizzería Baratto Luceros, que de momento tan só cedeu un empate nas cinco xornadas de liga que se levan disputadas. O encontro disputarase as 11:30 no municipal de Almeiras.

(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL VS MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

O O domingo a 13:00 do mediodía no Pavillon Municipal de Almeiras, disputarase o último partido na casa deste ano. Veremos a ver como despide o equipo de Rafergal o ano fronte o seu público.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS SD.TEUCRO

O BM. Culleredo Despreocúpate.és, afronta este sábado un duro partido ante a SD.Teucro xuvenil. O conxunto cullerdense segue a acumular baixas importantes por lesións e todavía non foi quen de afrontar un partido con todos os seus efectivos disponibles. A pesar de esta merma, os de Culleredo tentarán competir e sacar forzas como locáis para poder sumar neste encontró ante o Teucro de Pontevedra. O partido dará comenzo as 13:00 no municipal de Almeiras.

(SM) BALONMANO PORRIÑO VS BM.CULLEREDO

Este próximo Sábado as 18:00h, o BM.Culleredo visita ao Balonmano Porriño no municipal da localidade. Será un duelo entre conxuntos invictos que lideran a táboa clasificatoria e, polo tanto, o primeiro posto estará en xogo. As ambicións e os obxectivos do BM.Culleredo son ambiciosos e o equipo viaxa coa idea de sacar algo positivo no pavillón porriñés. Para que os dous puntos en xogo viaxen ata Culleredo, os nosos terán que responder ao seu 100% en todas as facetas do xogo ante un conxunto potente liderado por outro cullerdense de pro como é Xosé Canedo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *