Saltar ao contido

O xuvenil óptica Gallaecia continúa na senda da victoria.

O pasado sábado no municipal de Almeiras, os xuvenís de liga prata do Balonmán Culleredo, recibían ao Rodespi Cañiza para enfrontarse na oitava xornada, correspondendo ao primer partido da segunda volta desta liga.

Partido intenso de principio a fin no que os nosos non puideron conseguir rendas seguras no marcador ata a segunda metade. Todo o primeiro tempo foi un reparto de goles entre ambos bandos onde as defensas non foron quen de decidir o rumbo do choque. Os nosos dominaron esta metade por momentos, chegando a encaixar un parcial de 5-2 no minuto 20'.

Na segunda metade, un cambio de actitude nos nosos, facíanos fortes na defensa, cun gran sistema de axudas entre todos e unha eficaz saída en segunda ondada, conseguíamos escaparnos no electronico cunha renda de 3 goles, que seríamos capaces de manter ata o final.

Encontro marcado pola seriedade defensiva do segundo tempo, as boas intervencións dos nosos porteiros Iván e Javi e polas precipitacións en ataque que nos levaron a ter un número importante de pérdidas. Aínda así, nova victoria, dous puntos máis para o taboleiro e o millor, que seguimos aumentando as boas sensacións. Noraboa polo esforzo!!!!!!

Seguimos sumando!!!!

FORZA CULLE!!!!!

Optica Gallaecia Balonmán Culleredo 27 - 25 Balonmán Cañiza

GOLES:

Culleredo: Shaiel 2, Iago Bescansa 2, Alvaro del Busto 7, Kidus Abebe 3, Puga 1, Marcos Regueiro 6, Teo 1, Dani González 2, Nico Vázquez 3, Gerpe, Xoel Insua, Iván Manzo (p), Javi Ansede (p).

Cañiza: Adrián Lusquiños 6, Jesus Rivera 4, Xose González 7, Martín Ogando 4, Alejandro Losada 1, Rodrigo Morata2, Brais Fernández 1, Jorge Alvarez, Whenhao Cheng (p), Oscar Guerrero.

PARCIAIS CADA 5':

1-2/ 5-4/ 7-5/ 8-5/ 10-10/13-11/ Desc./ 15-14/ 18-14/ 19-16/ 22-19/ 25-21/ 27-25/ Fin.

ARBITRAXE:

Pablo Barreiro e Gabriel Capelo.

INCIDENCIAS:

Oitava xornada de liga prata, desputada no municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *