Saltar ao contido

¡¡ Victoria épica do Óptica Gallaecia na Coruña !!

O pasado sábado, os xuvenís cullerdenses da liga prata, desprazábanse á compricada cancha do OAR Coruña a desputar a séptima xornada ligueira, nun duelo de moito nivel ante o lider da táboa.

Comezaban os nosos titubeantes e con certo nerviosismo, pero sen intención algunha deixar de pelexar pola victoria. O encontro ía collendo ritmo, e os nosos en correr teñen moitas táboas. Marcando ben o noso modelo de xogo, os cullerdenses non deixaban de renunciar ás segundas ondadas con cruces largos e con moi bo lanzamento exterior que remataban en goles moi claros subindo no marcador coma a espuma. A nosa defensa 5.1, cun Gerpe inconmesurable no centro desta, éramos quen de minar as opcións rivais que pouco a pouco íanse desquiciando cada vez máis e cometendo erros de lanzamento dende os seis metros. Ao final desta metade, rematábamos 12-15 a prol dos nosos.

A motivación dos nosos rapaces ía de menos a máis, e a confianza que depositaron en si mesmos e no seu propio conxunto foi o que marcou o duelo. Coas pilas máis cargadas se cabe, os nosos comezaban o segundo tempo sabendo moi ben o que tiñan que facer, unión e moita forza na retagarda e correr e correr nas transicións, así coma facer ataques posicionáis sinxelos e minimizar ao máximo as perdas. E sen dúbida, así foi, moi concentrados, estes rapaces nesta segunda parte, foron capaces de manter sempre rendas de ata 5 tantos no electrónico e sen relaxarse en ningún momento pese a diferenza anotadora.

Así foi todo, ao final do encontro, este gran grupo foi quen de ser o primeiro rival que gaña nesta pista, e con oito tantos de diferenza. Está claro que estes rapaces teñen moito que amosar aínda, e que tan só con confianza e traballo, poden plantar cara a calquera equipo. Sen dúbida, victoria moi épica e moi traballada que nos sube a moral, a autoestima e as gañas de loitar todos os encontros que veñen agora por diante, na segunda volta desta liga prata.

NORABOA RAPACES, orgullo, confianza e traballo. Seguimos traballando e mellorando!!!!

OAR Coruña 26 - 34 Balonmán Culleredo ÓpticaGallaecia

FORZA CULLE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

GOLES :

OAR Coruña: Ramón López (9), Joel Rábade (3), Efrén Oviaño (6), Adrián Pérez (5), Besay Agusti (3), Richard de Jesús (p), Brian Soliño, Alejandro Vasallo, Diego Infante, Iván Alfonso.

Culleredo: Iván Manzo (p), Álvaro del Busto (14), Shaiel Costa (3), Mateo Kidus (3), Teo Calvo (3), Guille Puga (5), Marcos Regueiro (5), Iago Gerpe, Xoel Ínsua (1), Dani González, Nico Vázquez (1).

PARCIÁIS CADA 5' :

1-0/ 3-3/ 6-7/ 9-9/ 13-9/ 15-12/ desc./ 16-13/ 19-16/ 22-17/ 28-21/ 30-24/ 34-26/ final.

ARBITRAXE :

Iván Hernández e Renzo Díaz

INCIDENCIAS :

Xornada séptima da liga prata, desputada no pavillon de SanFranciscoJavier no barrio da Cubela, na Coruña.

VIDEO DO ENCONTRO :

https://www.youtube.com/watch?v=iBIbnEc5nwM&t=2563s

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *