Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO SUMA DOUS IMPORTANTES PUNTOS NUN PARTIDO MOI TRABALLADO

O BM.Construpereiro, conseguíu unha gran e importante vitoria en Redondela ante un bo equipo como o é a SAR. Os de Culleredo non entraron ben ao 40x20 da Bombonera e o técnico visitante debía de solicitar o seu primeiro tempo morto aos cinco minutos, xa que o conxunto local dominaba por 5-1. Coa saída de novo ao campo e o cambio defensivo de 6:0 a 5:1, o Construpereiro comezaría aos poucos a carburar. A retagarda mostrábase moito máis eficaz, provocando numerosos erros no seu rival e a velocidade ao contragolpe daba os seus primeiros froitos. Desta forma, volteaba o conxunto de Culleredo o marcador para marcharse ao descanso cunha mínima vantaxe no seu haber (12-11).
No segundo acto, o BM.Culleredo Construpereiro xa non abandonaría en ninún momento a dianteira no electrónico e iría aumentando a súa vantaxe ante o combativo conxunto local que non se daba por vencido. A pesar de conseguir a máxima diferenza a falta de cinco minutos e cando parecía que o encontro estaba sentenciado (27-22), os cullerdenses tiveron que seguir sufrindo ata o final, xa que o redondelanos, cunha defensa presionante por todo o campo, conseguían manter a incertidume achegándose a tres goles a dous minutos do tempo regulamentario. Finalmente, os dous puntos en xogo viaxarían para Culleredo e deste xeito, o BM.Culleredo Construpereiro sácase a espiña da pasada semana coa derrota en Carballo.

SAR: 27(11+17). Pola SAR, golearon Aaron Fdez (10), Lucas Vidal (3), Brais Faginas (2), David Fdez (9), Pablo Gómez (1), Breogán Faginas (1)

BM. Culleredo Construpereiro: 31 (12+19). Marco González (P), Marcos Regueiro (1), Adrián Veira, Iván Sánchez (2), Aaron Blanco (2), Antón Pérez, Samuel Seijas (12), Daniel González, Antón Pérez, Josemi Martínez (5), Lucas Sánchez (3), Juanfran Pazos (3), Anxo Negreira, Teo Calvo (2), Alejo Martínez (1).

Parciais cada 5´: 5-1 / 5-3 / 6-8 / 9-8 / 10-9 / 11-12 / Descanso / 14-15 / 16-19 / 19-22 / 21-25 / 22-27 / 28-31 / Final.

Colexiadas: Melanie Verdes e Andrea Martínez.

Incidencias: 5ª xornada en categoría cadete masculino, disputado no pavillón a Bombonera de Redondela ante algúns siareiros desprazados dende Culleredo.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *