Saltar ao contido

O Rafergal en continua loita por unha vitoria

As cullerdenses saíron hoxe con moitas ganas de plantarlle cara ao conxunto Vitaldent Bm Cangas, e iso demostraron nos primeiros 10 minutos de partido. Ata cas constantes contras do equipo rival fixéronlles ter que reaxustar a defensa, o que lles provocou problemas debido á falta de comunicación en algunhas acións. Pouco a pouco o conxunto locatorio foi acadando certa vantaxe e as de Rafergal tiveron que subila intensidade de ataque debido á forte defensa e as complicacións para conseguir sumar goles. Chegaron ao descanso cun resultado de 10-17 en contra.

Xa na segunda parte lograron varias accións de ataque moi boas. Aínda que non puideron acortar moito as distancias do marcador que finalmente sería de 20-34, a prol das de Cangas, debido ás numerosas pérdidas de balóns e a falta de repliegue.

Queda moito que traballar de cara as seguintes xornadas para resolver os fallos na defensa e constituír un ataque máis intenso e organizado.

Vitaldent Bm Cangas 34 (17+17): Laura Cordeiro Costa (4),Nayara Pereira Novio (1),Daniela Budiño Martinez, Antia Rodriguez Mosquera ,Sara Gonzalez Costas, Carla Vidal Boubeta (6),Laura Novas Alvarez ,Joana Dacosta Hidalgo (2),Adriana Rial Salgueiro(7), Sabela Nores De La Campa ,Lara Martin Ferreira(1) ,Ines Bernardez (4),Caballero ,Irene Romero Duran (5), Irene Rios Camaño ,Yaiza Gil Costa(3)

Balonma Culleredo Rafergal 20 (10+10): Diana Dozo Dominguez , Adriana Antonio Costela , Anheliz Amarys Alexander Justin , Lucia Ponte Diaz ,Paula Valderrabano Codesal , Candela Puga Presedo , Adela Areoso Lopez , Lucia Sanchez Toimil , Carlota Rodriguez Ramallo , Marta Valderrabano Codesal

Parcial cada 5 minuto: 2-3/4-3/6-5/9-6/13-8/17-10 Descanso 21-11/24-12/26-13/28-16/31-17/34-20 Final

Colexiados: Abel Juncal López, Carlos Calvar Martínez

Incidencias: 6ª Xornada da Liga Ouro celebrada no Pavillón municipal de o Gatañal. Con 15 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *