Saltar ao contido

Nova victoria do Remax Riazor en Chapela.

Visitaba o Remax Riazor unha pista moi complicada como a de Chapela, e así foi sobretodo nos primeiros compases do encontro .Uns primeiros minutos onde o culle na fase defensiva estaba ordenado y activo interceptando balóns e axudandose moito pero que en ataque a pesar de conseguir boas accións de xogo non eran capaces de rematar en gol pola falta de acerto no lanzamento a portería.

No primeiros 10 minutos o marcador era moi curto pero a partir de minuto 15 o Remax estivo moito máis acertado de cara o gol , e empezou a coller unha renta no marcador que non soltaria . O descanso 4-9 .

Na segunda metade o Remax Riazor seguiu co seu plantexamento defensivo 3:3 para disuadir e alexar o Chapela da poteria cullerdense,i sto e as interceptacións que por consecuencia finalizaban en contrataques ,daban moitos folgos o Remax que conseguia unha renta máxima de 7 goles. Co paso dos minutos o equipo cullerdense soubo levar con cabeza e seneridade os útimos minutos para poder levar os dous puntos a Culleredo.

Moi bó partido do Remax que consegue unha nova victoria para non descolgarse do grupo perseguidor dos postos de cabeza.

Forza Culle.

Bm Culleredo: Hugo Díaz, Hugo García, Teo Lopez(1),Fabián Manzo (1),Xoán Canedo(1),Xoan Bello(5),Jaime Serrano(2),Jorge Outón(1),Iago Allegu(5),Jairo Candamio (3),Diego Piñeiro,Hugo Bermudez.

Bm Chapela: Kevin Rodriguez,Mateo Lago(1),Lois Alonso(2),David Comesaña(8),Rubén Serantes(2),David (2),Iago Cerqueira,Mateo Álvarez,David Extremadura.

Parciales cada 5`: 1-0/3-1/4-2/4-4/4-6/4-9/5-11/6-12/6-14/8-15/10-16/12-17/14-19

Árbitros :César Diaz

Incidencias: Xornada 5 da liga Infantil Masculina liga Ouro, disputada no pavillón municipal de Chapela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *