Saltar ao contido

Derrotas que saben a vitorias

Un encontro o disputado na maña do sábado en Almeiras dosque fan vibrar a toda a xente presente nun pavillón.

O equipo do Rasoeiro ,2º clasificado a día de hoxe na Liga Ouro, traía os deberes feitos. Pero non foi asi. Pasoulles factura as rapazas de casa os primeiros minutos con simples erros de pases, desubicacións defensivas, traxectorias.. non houbo máis que pedir un tempo morto para pararse a pensar e retomalo control da actitude no campo.

Dende ese punto, o equipo Fisioterapia Benestar saiu como unha locomotora onde de vez en cando lle faltou gasolina a hora de lanzamentos e vasculacions defensivas.

O Rasoeiro púsoxe nervioso , de seguro que non se esperaba encontrar fronte, a un Culleredo motivado.

Xa que no campo as situacións ofensivas por ámbolos dous equipos non eran fructíferas en varios compases do partido , pasaron a un segundo plano e colleu protagonismo os 7m, ata 9 lanzamentos en ambolas dúas porterías.

A vitoria esta cada vez mais próxima e o equipo estase a axustar pouco a pouco a esixencias desta liga.

Mencionar o debut de novas incorporacións o equipo cadete das que seguro aportarán todo o posible de cara a futuros partidos.

Bm culleredo fisioterapia benestar 18 (5+13) Aroa Barbeito Casas ,Carla Bello Lopez (3), Marina Rodriguez Fernandez (8), Carla Muiño Cancela, Paula Vidal Rouco ,Aitana Tasende Dominguez (2) ,Tirsa Suarez Gil, Carla Corral Quian , Maria Bescansa Alcoba (4),Noa Insua Gomez ,Yaiza Maques Fernandez ,Carla Estraviz Suarez (1), Paula Peteiro Vazquez ,Valentina Martinez Fiuza

Dispesfra rasoeiro bm 25 (10+15):Mariña Camiña Garcia ,Xulia Otero Dominguez ,Lucia Guillermes Garrido,Naomi Alvarez Naveiro (1), Shaila Fernandez Bravo (9), Xulia Castelo Bravo (5), Noa Parada Conde (3), Zaida Castelo Bravo (1),Ana Prol Diez, Elba Dominguez Prol (1), Sofia Lua De Seta Martinez ,Luna Otero Prol (3), Valeria Chaves Naveiro (2), Cloe Parada Cond

Parcial cada 5 minutos: 0-3/1-4/2-6/3-9/4-9/5-10 Descanso 5-14/7-14/11-18/13-19/15-21/18-25 Final

Colexiados: Pablo Torreiro Barros

Incidencias: 5ª Xornada da Liga Ouro celebrada no Pavillón municipal de Almeiras. Con 20 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *