Saltar ao contido

O Rafergal na senda correcta

De novo outro partido no que o Rafergal marcha coa sensación de que podía sela primeira victoria.

Cada gol valia o partido. Comenzaban as rapazas de Culleredo moi enchufadas, ben en defensa e sendo resolutivas en ataque prácticamente todo o primeiro tempo chegando o descanso cunha mínima ventaxa de dous goles.

Comenzaron a segunda parte igual pero pouco a pouco o rival acercavase no marcador sendo moi rápidas e efectivas nas contras. Foi unha segunda parte moi interesante, as locais conseguen diferenciarse o principio con 5 goles e as cullerenses non deixaron de loitar en ningún momento a pesar ,de que as rivais acortaban distancias en posteriores minutos

Os últimos minutos do partido volveu a encarrilarse o Rafergal pero xa sen tempo para pelexar polo encontró.

De seguro ca maña do sábado marcou un antes e un despois na senda do Rafergal nesta Liga. Por diante quedan dúas semanas de seguir por esta senda e chegar a Cangas coa lección aprendida.

Balonmán Culleredo Rafergal 23 (11+12): Diana Dozo Dominguez, Aitana Tasende Dominguez (1) ,Adriana Antonio Costela (1), Aroa Barbeito Casas ,Anheliz Amarys Alexander Justin( 6) , Lucia Ponte Diaz (1), Paula Valderrabano Codesal (6),Candela Puga Presedo ,Adela Areoso Lopez (3) ,Lucia Sanchez Toimil (1) ,Carlota Rodriguez Ramallo (1) ,Marta Valderrabano Codesal (3)

Sar Rodavigo 26 (9+17): Alexandra Simon Gonzalez ,Antia Novelle Molares (2 ), Maria Gonzalez Rodriguez (1), Angela Vilaboa Novelle (12),Eva Rodriguez Alonso (7) ,Nerea Novelle Molares ,Natalia Solla Prado (1) Iria Dominguez Pazo, Olaia Piñeiro Lopez ,Paula Crespo Lago ,Uxia Garcia Perez ,Noelia Solla Prado 3

Parcial cada 5 minutos: 3-0/5-2/7-6/8-7/10-8/11-9 Descanso 15-10/16-11/17-15/20-19/21-22/23-26 Final

Colexiados: : Pablo Barreiro Suárez

Incidencias: 5ª Xornada da Liga Ouro celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras. Con 15 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *