
O pasado sábado á mañá, os xuvenis de liga prata desprazábanse ao Pavillon de Galán, en Oseiro, a visitar aos veciños do Balonmán Arterixo, nun encontro correspondente a 5º xornada da competición ligueira.
Nesta xornada, os nosos non comezaban metidos no encontro, a falta de concentración dos minutos iniciáis, levábanos a cometer numerosas perdas en ataque e a nosa defensa non era quen de frear as embestidas dos arteixáns, levándonos así a encaixar un parcial de 6-0 nos sete minutos iniciáis. Non fumos capaces de facer gol ata pasados os dez primeiros minutos do duelo. Diferenza que arrastramos todo o encontro. Ésta foi a tónica en liñas xeráis de toda esta primeira metade, perdas de balón, erros de lanzamento e moitas lagunas na defensa.
Tralo inicio da segunda metade, os nosos parecían que querían darlle a volta a tortilla, pero o Arteixo non deixou de apretar cos seus ataques rápidos e a súa dureza defensiva. O cambio da nosa defensa a unha 5.1 parecía que complicaba as cousas ao rival, e tan só así, fumos capaces de acercarnos no electrónico, pero iso non chegou ata o minuto 45', conseguindo un parcial de 5-2 ao noso favor. A reacción chegou tarde polo que finalmente o encontro decantouse para os de Arteixo nun 25-31 a favor destes.
Toca facer balance deste encontro, e rexurdir para futuros envites. O próximo fin de semana, recibiremos a Poio Artai na casa, boa ocasión para enmendar estes erros e seguir medrando. Semana de moito traballo para os nosos.
Ánimo rapaces, o noso momento chegará. Forza e unión sempre.
FORZA CULLE, FORZA GRUPO 'ÓPTICA GALLAECIA'!!!!!!!!!!!
Bm Arteixo 31-25 Bm Culleredo
GOLES
Teo (3), Bescansa (2), Marcos (5), Shaiel (2), Dani Glez (2), Kidus (4), Álvaro (1), Nico (2), Gerpe (2), Puga (1), Diego del Río (1).
PARCIÁIS: 0-4/ 1-6/ 3-9/ 4-11/ 4-13/ 9-16/ desc./ 12-19/ 14-21/ 15-27/ 17-29/ 22-31/ 25-31.
ARBITRAXE: Iván Hernández e Marta López
INCIDENCIAS: Xornada 5 da liga prata desputada no pavillón de Galan.
