Saltar ao contido

PARTIDO DURO DO BM.CULLEREDO E DOUS NOVOS PUNTOS PARA CONTINUAR INVICTO

Partido duro ante un rival combativo, que o BM.Culleredo tivo que traballar durante sesenta minutos para sumar dous novos puntos que os manteñen invictos e no alto da clasificación.


Os cullerdenses comezaron dominando de forma evidente e impóndose na súa retagarda, pero unha vez máis, esas recuperacións de balón perdíanse na nada por erros de pase ou lanzamentos errados ante o porteiro contrario. No entanto, cando esa definición ante a portería rival e a precisión nos pases melloraron, o BM.Culleredo conseguiría unha renda cómoda. Eran os mellores minutos dos locais e a vantaxe ao descanso achandaba o camiño a unha posible vitoria (15-10).


Nunha segunda parte de subidas e baixadas, os de Culleredo alternaron bos momentos con outros de maior espesura, aínda que estes sucederon cando o encontro xa agonizaba e o marcador final non corría maior perigo (26-20).

BM. Culleredo: 26 (15 + 11).  Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Alberto Catoira (1), Martín ínsua, Carlos Costa, Miguel Casal (3), Iago Franco (2), Mario Crecente (6), Marcos Vázquez (1), Daniel De Salvador Guillén (5), Álvaro Fdez (3), Iago Ferreiro (2), Diego Gago (2), Juanchi, Darío Pérez (1), Nuno Loxo.

Acanor ATL.Novás: 20 (10 + 10). Manuel Dorna, Carlos Alonso (3), Santiago Sanjuan, Pablo Alonso (1), Diego Bento, Jorge González (1), Yago Alonso (5), Alejandro López (2), Gabriel Lomba (5), Mario Fdez, Rubén López (3), Brais Conde.

Árbitros: Henrique Folgoso e Pablo Barreiro. 

Incidencias: 6ª xornada da 1ª autonómica masculina. Encontro xogado no municipal de Tarrío ante cento cincoenta siareiros.

Fotos do partido:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *