Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ÉS SUMA DOUS IMPORTANTES PUNTOS

Importante vitoria do BM.Culleredo Despreocúpate.es, que segue sumando puntos a pesar das baixas importantes que dende hai xa uns meses, asola ao persoal.


Despois de ceder a semana pasada cunha boa imaxe ante un dos favoritos ao título, antollábase esencial conseguir a vitoria ante E.M.Abegondo para continuar o ronsel dos postos altos da táboa.


Nun encontro irregular e basto, os cullerdenses fixeron valer a súa calidade individual e superioridade en número para imporse a un rival que, a pesar de acudir a Tarrío coa sensible baixa do seu xogador Unai, mostraron un afán competitivo encomiable para non perderlle a cara ao partido e estar preto dos locais ata os últimos minutos do primeiro acto. Eses últimos instantes foron claves, xa que o BM.Culleredo conseguía unha diferenza cómoda para dominar ao descanso e achandar o camiño da vitoria (14-9).


Ao cabo, esta diferenza sería definitiva, xa que os de Culleredo controlarían o ritmo do partido e a distancia co seu rival sen maiores abafos, para lograr que estes dous importantes puntos quedasen en casa ao final do sesenta minutos (28-19).

BM. Culleredo Despreocúpate.es: 28(14+14). Jorge López (P), Iván Manzo (p), Xoel Garrido (2), Iago Bescansa (2), Martín Ínsua (6), Iago Chao (2), Nuno Loxo (6), Senén Garea, David Martínez (1), Samuel Seijas (3), Kidus, Lucas Sánchez, Guillermo Puga (4), Gonzalo Palleiro (2).

E.M.Abegondo: 19(9+10). Diego Reparaz (3), Sandro Rey (2), Miguel Ameijenda (3), Adrián Torras, Unai García, Xiao García (2), Diego Roel, Leo Rodríguez (4), Antón Cadaveira (5), Juan Manuel Pérez.

Colexiados: Pablo Barreiro ,Henrique Folgoso.

Incidencias: Quinta xornada da liga Ouro xuvenil, disputada no municipal de Tarrío con representación nas bancadas de siareiros de ambos os conxuntos.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *