
Ao BM.Culleredo Construpereiro, tocáballe este Domingo visitar unha das pistas máis complicadas do campionato e enfrontarse ao actual líder da competición e un dos favoritos ao título.
Os cullerdenses, comezaron o encontro cun sistema defensivo 6:0 ben situado e competindo de igual a igual sen ningún complexo ante o excelente conxunto bergantiñán, dominando no meridiano por un axustado (6-7).Non tardaron os locais en dar un paso adiante e voltear o marcador (8-10), aínda que o BM.Culleredo Construpereiro, negábase a abandonar as súas opcións ao primeiro de vez. Un último arreón dos carballeses, ao fío do descanso, outorgáballes a máxima renda, xusto cando se chegaba ao tempo de descanso (11-16).
Saía de novo o BM.Culleredo disposto a poñerlle as cousas difíciles ao Xiria e, cun parcial dominador, conseguía as táboas no electrónico a penas pasados os primeiros dez minutos deste segundo tempo (20-20). Espertaría entón o conxunto local e, cunha primeira liña resolutiva no último tramo, conseguiría amarrar os dous puntos nun partido entretido e vistoso entre dous bos conxuntos.
Grupo Lemaco Xiria A: 31(16+15). Antón Pardiñas (p), Miguel Cambón, Pablo Veiga (5), Marcos Amarelle (1), Pablo Suárez (3), Henrique Traba (2), Ángel Villar, Erik Vázquez, Hugo García (7), Manuel Pérez (4), José Manuel Negreira, Xurxo Fraga (4), Diego Mourelle, Manuel Rey (5).
BM. Culleredo Construpereiro: 25(11+14). Marco González (P), Marcos Regueiro (1), David Martínez (2), Adrián Veira (4), Iván Sánchez (2), Diego Del Río, Aaron Blanco (2), Antón Pérez, Samuel Seijas (6), Daniel González (2), Josemi Martínez (1), Lucas Sánchez (2), Juanfran Pazos (1), Teo Calvo (2).
Parciais cada 5´: 1-2 / 5-3 / 6-7 / 10-8 / 13-10 / 16-11 / Descanso / 18-15 / 20-19 / 23-21 / 26-22 / 29-24 / 31-25 / Final.
Colexiados: Pablo Torreiro e Iria Rivera.
Incidencias: 4ª xornada da liga Ouro disputada no pavillón Vila De Noia con unha boa entrada de afeccionados de ambos os conxuntos.
Fotos do partido:












