Saltar ao contido

MERITORIA VITORIA DO BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO ANTE O BM.RODEIRO

O BM.Culleredo Construpereiro, conseguíu na mañá do pasado sábado un meritorio triunfo ante un gran conxunto, como o é o BM.Rodeiro Cogal.


A tarefa non foi sinxela e, a pesar da diferenza que o electrónico reflectía ao final dos sesenta minutos, a realidade foi ben distinta, tanto que os visitantes chegaron a dominar o envite por cinco goles (9-14) cando a penas se superaba o meridiano do primeiro tempo. O BM.Culleredo tivo entón que cambiar o sistema defensivo a 5:1, xa que o 6:0 non funcionaba ante a primeira liña rival e a continua mobilidade dos seus extremos. Co cambio defensivo, os locais comezaron a provocar dúbidas aos de Rodeiro, que agora se atascaban e acumulaban erros de pase e en lanzamentos afastados. Todo iso propiciaba a reacción do Construpereiro, que conseguía a igualada en apenas 5´cun 4-0 de parcial (13-13) e xa lideraba o marcador cando se chegaba ao tempo de descanso (18-17).


O comezo do segundo acto marcaría de forma evidente o que ía acontecer nos trinta minutos restantes e é que o BM.Culleredo Construpereiro, que saía ao 40x20 do municipal de Tarrío como un auténtico vendaval, asinaba un 5-0 de parcial que ao cabo sería definitivo e canalizaría moi positivamente o encontro para os intereses dos locais (23-17). As présas agora eran para o BM.Rodeiro, que ademáis comportaban múltiples perdas de balón debido á precipitación no seu xogo e o desánimo palpable pola distancia que os afastaba do BM.Culleredo. Estes, cunha renda cómoda, aproveitarían as recuperacións de balón para continuar engrosando a conta anotadora e asinar unha importante vitoria e dous novos puntos antes da visita ante o lider a próxima semana.

BM. Culleredo Construpereiro: 43(18+25). Marco González (P), Marcos Regueiro (1), David Martínez (3), Adrián Veira (1), Iván Sánchez (4), Diego Del Río (4), Aaron Blanco, Antón Pérez, Samuel Seijas (11), Daniel González (4), Josemi Martínez (4), Lucas Sánchez, Juanfran Pazos (2), Teo Calvo (9), Anxo Negreira, Alejo Martínez.

BM Rodeiro Cogal: 30(17+13). Marcos Vázquez, Sergio Moure, Xabier Montes, Izan Guerra (5), Diego Fdez (5), Raul Albor (6), David Vázquez (5), Brais Calvo (1), Ibrahim Atef, Roi González (8).

Parciais cada 5´: 2-3 / 5-7 / 9-13 / 13-13 / 16-14 / 18-17 / Descanso / 23-17 / 26-20 / 30-22 / 35-23 / 39-27 / 43-30 / Final.

Colexiado: Pablo Torreiro.

Incidencias: Terceiro encontro da Liga Ouro en categoría cadete masculino, disputado no municipal de Tarrío con boa afluencia de público nas bancadas.

Fotos Do Encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *