Saltar ao contido

O Culleredo despreocupate.es cae dando a cara ante o Cisne en Pontevedra

Non tiña unha tarefa sinxela o noso equipo xuvenil masculino de Liga Ouro, tendo que visitar unha das pistas máis complicadas da tempada para enfrontarse ao Cisne Colegio Los Sauces, e non chegaba tampouco no mellor momento, xa que aínda quedan xogadores na enfermería.

Malia todo, o equipo saíu decidido a poñerlle as cousas difíciles aos pontevedreses e así o fixeron dende os primeiros compases, nos que os nosos colleron as primeiras vantaxes no marcador (2-4), sorprendendo ao Cisne cunha defensa máis presionante do habitual, que deixaba aos de Pontevedra sen espazos e con poucas ideas. Aínda así, o equipo local foise recompoñendo e conseguía darlle a volta á situación, aínda que non era quen coller distancia. Chegando aos 20 minutos de xogo, o adestrador local necesitaba pedir un tempo morto ante a igualdade reinante (12-11).

Pero a partir dese momento, o escaso número de efectivos cos que contaban os cullerdenses empezou a notarse, e na recta final da primeira parte os locais conseguían abrir a brecha para chegar ao descanso con 15-24.

Na segunda metade, o Culleredo non lle perdeu a cara ao encontro en ningún momento, pero o maior ritmo do Cisne, apoiado nas constantes rotacións de xogadores, castigaba aos nosos sobre todo en forma de rápidos contraataques. Aínda que no xogo posicional a nosa defensa cumpría con creces a súa labor, os contragolpes resultaron demoledores, para rematar un partido cun claro 41-29 a prol do Cisne.

Non tivemos opción de pelexar polo resultado, pero todos os nosos loitaron cada minuto do encontro deixando unha imaxe máis que prometedora.

Cisne Colegio Los Sauces: 41 (24 + 17). Luis Fernández, Pablo Fernández (1), Miguel Pérez (5), Salvador Montes, Ignacio Álvarez (1), Miguel Sierra, Carlos Morales (6), Hugo Pérez, Manuel Torres, Martín Santos (7), Denis Iglesias (7), Carlos Ocaña (5), Vicente Domínguez (4), Rubén Sequeiros (4), Eber Dacosta (1).

Culleredo despreocupate.es: 29 (15 + 14). Iván Manzo, Iago Bescansa (2), Martín Insua (6), Kidus de Salvador, Iago Chao (2), Jorge López, Guillermo Puga (1), Nicolás Pérez (2), Álvaro del Busto, Nuno Loxo (7), Gonzalo Palleiro (1), Senén Garea (8).

Árbitros: Abel Juncal e Catarina Adao.

Incidencias: 4ª xornada da Liga Ouro disputada no Pavillón Multiusos da Xunqueira de Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *