Saltar ao contido

UNHA VITORIA MÁIS DO BM.CULLEREDO, QUE CONTINUA LIDER

Desprazamento a Viveiro o que tivo que realizar o pasado sábado o BM.Culleredo para visitar a pista do pechacancelas. Partido por tanto trampa ante un conxunto necesitado de puntos e que durante toda a primeira parte estivo a competir e mantendo distancias curtas cos cullerdenses. Estes, que non estiveron aprobados en aspectos básicos como a intensidade e a concentración, non aproveitaron as moitas e variadas recuperacións para referendar unha maior folgura no marcador e, estrelándose ante o porteiro rival unha e outra vez ou enviando lanzamentos sinxelos directamente fóra, non foron capaces de alcanzar unha distancia cómoda ante un rival combativo e motivado. Así, o marcador mantiña certa incertidume no tempo de descanso, cunha diferenza escasa entre os dous conxuntos (11-14).


Foi á volta de vestiarios cando o BM.Culleredo, cun pouquiño máis de actitude, cerrou definitivamente o encontro pola vía rápida. Poñendo máis énfase e atención na finalización, os cullerdenses lograban un parcial de 8-19 en quince minutos e sentenciaban un partido no que os algarismos seguirían aumentando ata ese 22-37 final que deixan dous novos e importantes puntos na marcadora do BM.Culleredo.

Club Balonmán Panadería De Covas Viveiro: 22 (11 + 11) . Eneko García (2), José Alberto Da Silva (1), José Juan Fdez, Oscar Díaz (3), Federico Ezequiel Pulleiro (2), Samuel Casanova, Ismael Fdez, Gabriel Mariño (3), Brais Fara, Manuel Vázquez, Aitor Freiria (10), Yotuel Durán (1), Álvaro Manuel Rivas.

BM. Culleredo: 37 (14 + 23).  Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Antonio Vieiro (p), Alberto Catoira (1), Carlos Costa (2), Miguel Casal (5), Iago Franco (1), Mario Crecente (6), Daniel Del Río (3), Álvaro Fdez (4), Iago Ferreiro (9), Diego Gago (6), Juanchi.

Árbitros   : Lucas Crespo e Raquel Martínez. 

Incidencias:    5ª xornada da 1ª autonómica masculina. Encontro disputado no municipal de Viveiro con boa entrada nas bancadas.

Fotos Do Encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *