Saltar ao contido

Previa da xornada!

Nova xornada ligueira para os nosos senior e os nosos equipos de prata, con desprazamentos complicados, pero nos que de seguro competiremos ata o final.

(IM) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO SUTENOR

Este sábado de mañá, os nosos rapaces do Bm Culleredo Sutenor desprazaranse a Lugo para desputar a que será a 2ª xornada ligueira. Tralo bo comezo da pasada semana en Almeiras fronte aos veciños do Arteixo, agora toca visitar a sempre complicada pista do CP Lucense. Os nosos rapaces deberán estar ao 100% para poder encontrar en ataque as solucións necesarias que nos permitan atravesala defensa 6:0 lucense. Pola outra banda, temos o obexitvo de mellorar as prestracións defensivas do pasado encontro a nivel individual e seguir potenciando a solidaridade defensiva que tanto éxito nos está a dar! Xogaremos este sábado ás 10:00 na Casa do Deporte de Lugo.

(CM) BALONMÁN CAMARIÑAS VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Nova xornada ligueira para o Bm Culleredo Climanosa, que a pesares dos resultados anteriores, sigue tendo aspectos moi positivos. Este é un grupo que está traballando moi ben, aproveitando este primeiro ano da categoría para asentar coñecementos e habilidades e que cada día dan un pasiño máis no seu camiño como xogadores.

Nesta ocasión terán como rivais aos sempre combativos camariñáns, clube con equipos sempre competitivos e que de seguro nos porá as cousas moi difíciles.

(XM) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

O sábado pola mañá o noso equipo xuvenil de prata, desprazarase a Lugo coa intención de conseguir os dous primeiros puntos da liga. Logo das dúas derrotas consecutivas, os nosos afrontan este novo encontro con máis ganas e motivación ca nunca. Prevese un encontro de intensidade. Traballaremos duro esta semana para traer os dous puntiños de volta a Culleredo.

Ánimo! Forza culle!!

BM.CULLEREDO VS DISTEVI SEIS DO NADAL

Este próximo Domingo, previo á festividade de defuntos, o BM.Culleredo ten unha nova e importante cita como local. O conxunto vigués do Seis Do Nadal, visita Tarrío para medir as súas forzas ante os cullerdenses nunha proba máis para examinar as evolucións do conxunto local. O BM.Culleredo deberá de mellorar as súas prestacións nas transicións, onde acumula demasiados erros por precipitacións. A outra faceta que require unha rápida e evidente melloría, é a finalización ante os porteiros rivais, onde as estatísticas non son de todo positivas para os cullerdenses. O equipo tentará que todo iso lle leve a unha nova vitoria e a suma por tanto de dous novos puntos, pero o obxectivo é que esta chegue como consecuencia do bo xogo despregado e como merecemento ao bo facer colectivo. A esixencia á que os olívicos someterán ao BM.Culleredo, con certeza que será a máxima e por tanto, a seriedade e a concentración, ha de ser sobresainte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *