Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a Despreocúpate seguros!

Hoxe queremos presentarvos a Despreocúpate seguros e inversiones, patrocinador do clube dende hai xa un tempo e que este ano lle da nome ao equipo xuvenil masculino de Liga Ouro.

Despreocúpate é a túa axencia de seguros de confianza, na cal poderás contratar calquera tipo de seguro que precises e ser atendido polos mellores profesionais do sector!

¿Queredes saber máis de Despreocúpate? Pois acompáñanos neste artigo, froito da conversa con Marcos Carreira.

¿QUE É DESPREOCÚPATE?

Despreocúpate é unha axencia de seguros que forma parte do enorme grupo Allianz, sendo unha das 100 axencias de Allianz en España co selo de excelencia.

En Despreocúpate atoparás un grupo profesional de verdade, con unha dilatada experiencia, como é o caso de Marcos Carreira, que leva xa 20 anos traballando no sector!

Actualmente está crecendo moito, contando na súa carteira de clientes con máis de 1500 persoas. Dentro das pólizas desta clientela podemos atopar diferentes tipos de seguros como poden ser: auto, accidentes, moto, barco, fogar, decesos e moito máis.

Non o dubides, fai coma nós e confía en Despreocúpate!

¿SABES CAL É A ORIXE DO NOME DE DESPREOCÚPATE?

Moi sinxelo, este nome xurde da clara idea da compañía por facilitarlle tanto o traballo á sua clientela que non teñan que preocuparse nin un chisco polos seus seguros.

Para que isto sexa posible e poidan seguir sumando “persoas despreocupadas”, dende a axencia dan un trato moi personalizado á sáu clientela, con un axente sempre dispoñible para ti en calquera momento e que se encargará de que todo estea tal e como queres e precisas.

A teima contínua de Despreocúpate pola comodidade da súa clientela fai que o seu servizo post-venta sexa excelente, tendo ademáis o respaldo dun xigante dos seguros como é Allianz e un gran equipo profesional, de seguro que te quedarás moi contento/a con Despreocúpate e atoparás aquelo que precisas.

¿POR QUE O APOIO AO BALONMÁN CULLEREDO?

Principalmente polos orixes de Marcos, que naceu en Culleredo, estudando no CEIP de Tarrío, donde comezou a xerminar a semente do balonmán no noso pobo.

Estando estudando no colexio, Marcos coñeceu o balonmán da man do gran José Manuel Fernández Rouco, impulsor deste deporte no noso pobo e a primeira pedra que daría lugar ao clube que todos coñecemos agora mesmo.

Xunto a esto, Marcos confía no traballo do clube e quere axudar a que poidamos seguir dando pasiños adiante no noso camiño, que se fai máis sinxelo co apoio de persoas como Marcos.

Ademáis, Marcos ten unha pequena relación co Bm Zuazo que milita na Liga Guerreras Iberdrola, polo que é un afeccionado máis ao noso deporte.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *