Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO AFIANZA A SÚA VITORIA NUNHA BOA PRIMEIRA PARTE

Continua o BM.Culleredo a súa especial relación coa vitoria e despois da cuarta xornada na 1ª autonómica, o conxunto cullerdense segue invicto, despois de imporse no municipal de Tarrío ao Distevi Seis Do Nadal.


A vitoria fraguouse nunha boa primeira parte, onde o equipo de Culleredo afrontou o envite con seriedade. Tras úns primeiros compases con algunha imprecisión, os locais adquiriron velocidade de cruceiro e apostados nunha defensa 6:0 ante a portería de Óscar, sacaron rédito ao éxito da retagarda con rápidas transicións. Os algarismos e as diferenzas irían en aumento co paso dos minutos, ata asinar un 19-10 a prol do BM.Culleredo ao termo do primeiros trinta minutos.
No segundo acto e co partido virtualmente visto para sentenza, o BM.Culleredo rebaixaría as súas prestacións e a medida que o partido transcorría, o ritmo e a concentración viría a menos, entrando o encontro nalgunhas fases de idas e vindas que dislucían o envite. Ao final, dous novos puntos e un marcador global de 39-24, outorgan ao BM.Culleredo a posición de lider invicto neste inicio de competición.

BM. Culleredo: 39 (19 + 20).  Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Jorge López (p), Alberto Catoira (1), Carlos Costa (1), Miguel Casal (2), Mario Crecente (4), Daniel Del Río (1), Marcos Vázquez (5), Daniel De Salvador (5), Nuno Loxo (2), Álvaro Fedz (4), Darío Pérez (4), Adrián Díaz (3), Iago Ferreiro (4), Diego Gago (5), Adrián Díaz (1).

Disteví Seis Do Nadal: 24 (10 + 14) . Álvaro Cameselle (2), Oscar Sánchez (4), Daniel Salgueiro (6), Xoel Gil (1), Iago López, David Chao, Ángel Barbosa (1), Xoán Otero (6), David Rial (1), Pedro Oliveira, Marcos Domínguez (3), Adrián Beiro.

Parciais cada 5´: 2-2 / 5-3 / 9-5 / 13-6 / 15-8 / 19-10 / Descanso / 21-11 / 25-14 / 26-15 / 30-17 / 35-22 / 39-24 / Final

Árbitros   : Henrique Folgoso e Andrés Rosendo. 

Incidencias:    Cuarta xornada da 1ª autonómica masculina. Encontro disputado no municipal de Tarrío con boa entrada nas bancadas.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *