Saltar ao contido

Derbi provincial que se o leva un superior Abegondo.

Volvia o balonmán a Almeiras acollendo un derb provincial entre O Climanosa e as Escolas municipais de Abegondo.

Un partido igualado nos primeiros minutos onde o Culleredo na fase ofensiva conseguía boas situacións de gol pero non eran aproveitadas , e pola contra o Abegondo saia moi rápido o contrataque e conseguia o máis importante o gol.

A tónica da primeira parte foi a mesma, o Climanosa moi disciplinado no ataque colectvo pero con moitos fallos de lanzamentos que era aproveitado polo Abegondo o contrataque , xa que o equipo cullerdense non replegaba.

O Abegondo na fase ofensiva incidía con accións de Leo, que conseguia boas accións de cara o gol de maneira indiviual.Xa na primeira parte o equipo visitante rachaba o partido obtendo unha clara ventazxa no marcador.O descanso o marcador reflexaba un 9-22

Moito problemas tiña o Climanosa a contra xa que en ataque estático o Abegondo tampouco estaba a crear grandes problemas , ainda así era quen de seguir ampliando a ventaxa grazas a continuidade de balon.

O Climanosa seguiu traballando coelctivamente e con éxito na acción pero con fallos de lanzamentos en 6m , Yago o porteiro de Abegondo conseguia desquiciar os lanzamentos cullerdenses.Aínda asi o Culle repercutia nas transformacións de primeria liña ante a defensa 5:1 de Abengondo. Unhas transformacións que facían disrutaro equipo local , pero coa magoa de non transformarlas.

O final merecida victoria do Abegondo ainda que puido ser cun resultado non tan abultado.Toca seguir traballando para mellorar de cara o seguinte encontro.

Forza Culle.

Bm Culleredo Climanosa: Rubén Gantes,Nicolás Casal(3),Bruno Pardo(3),Nicolas Arias,Adrián López,Iago Vázquez(6),Félix Noya(1),Mario Sánchez(),Mateo Perez(1),Álvaro Siso,Anxo Garrido,Adrian Pestonit.

E.M. Abegondo: Yago Pardo,Adrian insua(1),Diego Roel(8),Enrique Nuñez(3),Leo Rodriguez(15),Diego Carracedo(1),Martin Bestilleiro(3),Yago Blanco(1),Gabriel Ventura(7),Tomás de la Fuente (3).

Parciales cada 5`: 3-2/4-5/4-10/7-14/9-17/9-22/10-25/12-28/14-32/15-37/15-40-17-43.

Incidencias: Segunda xornada da liga de prata da categoría cadete masculino disputado no pavillón municipal de Almeiras , Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *