Saltar ao contido

Outros dous puntos que escapan

Parece que o equipo do BM Culleredo Rafergal non da atopada a victoria. Era sabido que a Liga de Ouro ía pasar factura pero non desta maneira, con tantas derrotas consecutivas.

O pensamento de ansiar unha victoria, provocou repeticións de erros de partidos pasados.

Esta derrota deixa tocado o equipo local.

O rival non perdoou os erros e a pesar de non xogar o seu mellor balonmán, foi quen de levalas riendas dende o inicio do partido ata o asubío final.

Nestes tres partidos de Liga o Rafergal comenzou perdendo, so remontou nas segundas partes pero o do sábado xa nin sequera acercouse o que nos tiñan acostumados.

Segemos ver a un equipo mal estructurado na defensa e cun ataque a trompicóns.

A pesar de sair do partido con moi malas sensacións, esperemos co equipo sexa quen de levantar esta mala racha e aínda que non se traia unha victoria na próxima saía polo menos mostre outra cara de competitividade no terreno de xogo. Estamos seguro diso. Terán por diante dúas semanas para preparalo próximo enfrontamento, en Pontevedra, na casa do Teucro.

BM. Culleredo Rafergal 17(6+11): Diana Dozo ,Adriana Antonio ,Anheliz Amarys Alexander , Lucia Ponte (2), Paula Valderrabano (4), Candela Puga (2) Adela Areoso ,Lucía Sánchez (3) ,Carlota Rodriguez (4) ,Marta Valderrabano (2) , Marina Rodriguez

Calfrima Carballal 32(11+21):Nerea Patiño Limes (5), Isis Moreno Alvarez (1),Helena Sanchez Piñeiro (7) ,Iria Sanchez-Puerta Gonzalez (1), Carlota Quintana Quintela, Sara Pereira Casal (10) ,Alejandra Montenegro Prado ,Maria Tome Alvarez ,Sela Villar Fernandez ,Aine Roca Quintela (2) ,Lorena Vaello Lago (2) ,Catherina Estela Sio De Jesus ,Yaiza Fernandez Casal (2), Helena Costas Parajo (2)

Colexiados: Pablo Manuel Barreiro Suárez

Incidencias: 3ª Xornada da Liga Ouro celebrada no Pavillón municipal de Tarrío. Con 25 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Galería de imaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *