Saltar ao contido

O xuvenil ‘Óptica Gallaecia’ cae ante Ribadavia.

O pasado domingo á mañán, o xuvenil de liga prata recibía ao conxunto de Ribadavia, o 'Carnes do Riveiro', no municipal de Almeiras, correspondendo a segunda xornada.

O envite xa amosaba rivalidade a priori, como os encontros pasados entre ambos bandos. Comezábamos fortes en defensa pero moi espesos en ataque, abusando do bote e dos 1x1, o que facía que o rival se encontrase cómodo na súa retagarda. A dureza defensiva dos de Rivadavía, lastraba moitos dos nosos ataques, e a moral íase minando pouco a pouco. Non fumos quen de entrar no partido en ningún momento, vantaxe que aproveitou o rival ata o final. A tónica da 1a parte resúmese cun gran número de perdas de balón e fallos de lanzamento, sendo a nosa defensa, o único que nos mantiña en liña do partido, que malia certos erros, amosábase firme.

O segundo tempo, e con tan só dous tantos abaixo de diferenza, os nosos saían ao 40x20 con intención de darlle a volta ao electrónico. Pese a todo, seguemos sen conseguir entrar no partido, máis perdas de balón que se transformaban en goles encaixados na nosa portería, recibindo un parcial de 0-5 nos dez primeiros minutos desta segunda parte. Tempo morto do adestrador local para axustar de novo todos os erros e poder por fin, conseguir a remontada, pero nada, nada fixo que os nosos cambiasen a actitude para darlle a volta ao marcador. Así é todo, o que restou de partido, foi un reparto de goles entre ambos bandos, insuficientes para obtela victoria.

Toca facer balance dos erros e traballar moito esta semana para encarar o encontro seguinte cos deberes feitos. A competición tan só acaba de comezar, así que facemos borrón e conta nova para o próximo duelo que será en Lugo ante o CP Lucense.

Ánimo rapaces, seguimos traballando!!!! FORZA CULLE!!

BmCulleredo Óptica Gallaecia 28 - Carnes Do Ribeiro Ribadavia 36

GOLES

Culleredo: Kidus (4), Alvaro del Busto(4), Puga(2), Teo Calvo(6), Marcos Regueiro(6), Nicolás(1), Javi Ansede (p), Iván Manzo(p), Shaiel(3), Gerpe, Diego del Río(2), Daniel Glez.

ARBITRAXE: Iván Hernández e Renzo Martín.

INCIDENCIAS: segundo encontro ligueiro, desputado no municipal de Almeiras.

PARCIAIS CADA 5': 1-3/ 3-4/ 7-6/ 9-10/ 14-16/ desc./ 16-19/ 19-23/ 21-27/ 23-30/ 24-32/ 28-36

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *