Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONTINUA VITORIOSO NA 1ª AUTONÓMICA

Tres xornadas de liga e tres vitorias incontestables, este é a bagaxe do BM.Culleredo no seu tránsito pola 1ª Autonómica masculina, un camiño intachable ata o momento, aínda que no día de hoxe non asinaran a mellor das actuacións.


Na pista Anexo de Os Remedios, en Ourense e ante o BM.Pabellón, os cullerdenses venceron con ampla marxe e de forma cómoda, aínda que o xogo e as sensacións non estiveron á altura nesta ocasión. A pesar de que o equipo evidenciaba unha superioridade notable na retagarda e no posicional, as perdas de balón, as precipitacións e os fallos de lanzamento ante o porteiro, lastraban ese traballo e o seu rival aproveitaba os continuos erros para manterse no partido.

Bastaron os dez últimos minutos do primeiro acto para que o BM.Culleredo se distanciase do seu rival e alcanzase unha diferenza que ao cabo sería insalvable para os locais. Agora sí se sacaba rédito ás accións defensivas, sumando tantos na portería rival a través de rápidos contragolpes. Un 1-5 de parcial, decantaba a balanza a favor dos de Culleredo no tempo de descanso (11-19).


O segundo acto transcorreu sen maior historia, cos locais mantendo o tipo e os visitantes a diferenza, nun envite que se diluía co paso dos minutos abocado á perda de interese debido a un resultado sen incertidume.


Dous novos puntos por tanto para seguir no máis alto da clasificación á espera de recibir, a semana que vén, ao conxunto do seis Do Nadal.

Cub Balonmán Pabellón De Ourense: 25 (11 + 14) . Alejandro Sampayo (1), Rodrigo De Moura, Joel Colmenero (9), José Rodríguez (5), Martín Rodríguez (1), Mario López (2), Darío Mares (1), Pablo Romero (6), Iago Pereira, Xabier Soliño, Iván Fandiño, Raúl Carcacia, Adrián López, Gael Míguez, Oscar Alonso, Rubén González.

BM. Culleredo: 34 (19 + 15).  Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Antonio Vieiro (P), Alberto Catoira, Carlos Costa (2), Miguel Casal (5), Mario Crecente (6), Iago Franco (1), Daniel Del Río, Marcos Vázquez (6), Daniel De Salvador (4), Martín ínsua, Darío Pérez, Adrián Díaz (3), Iago Ferreiro (5), Diego Gago (2).

Parciais cada 5´: 1-2 / 3-5 / 6-10 / 8-10 / 10-14 / 11-19 / Descanso / 14-23 / 16-25 / 20-28 / 21-30 / 24-31 / 25-34 / Final

Árbitros   : Lucas Crespo e Alfonso Canitrot. 

Incidencias:    Terceira xornada da 1ª autonómica masculina. Encontro disputado no Anexo do municipal Dos Remedios con boa entrada nas bancadas.

Fotos Do Encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *