Saltar ao contido

VITORIA INCONTESTABLE DO BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO EN CARBALLIÑO

O BM.Culleredo Construpereiro, logrou os dous primeiros puntos na liga Ouro da categoría e así, conseguíu resarcirse da derrota na primeira xornada, sofrida a pasada semana ante o Cisne.

O encontro que lles enfrontou ao Gasoleos Rivera de Carballiño, foi unha loita desigual, xa que os cullerdenses mostráronse moi superiores desde o comezo, non pasando apuros en ningún momento e dominando todas as fases do xogo con xerarquía.

O resultado ao descanso xa era certamente cómodo para os mozos de Culleredo (15-7), que, iso si, marcábanse como obxectivo liquidar os erros non forzados e aqueles que teñen que ver coa concentración en tarefas defensivas.

Foi a segunda parte unha historia sen sobresaltos, con rotacións e minutos para todos os xogadores e unha inercia no marcador que co paso de tempo ía reflectindo maiores algarismos e diferenzas a favor do BM.Culleredo.

Vitoria importante antes do parón da ponte de defuntos e dous puntos que ofrecen unha boa dose de ilusión para afrontar o seguinte partido en casa ante o BM.Rodeiro.

BM. Culleredo Construpereiro: 34(15+19). Marco González (P), Aaron (2), Teo Calvo (4), Diego Del Río (1), Daniel González, Josemi Martínez (3), Alejo Martínez (2), David Martínez (3), Anxo Negreira, Juanfran Pazos (1), Antón Pérez, Marcos Regueiro (7), Iván Sánchez (2), Lucas Sánchez (2), Samuel Seijas (5), Adrián Veira (2)

Gasoleos Rivera: 16(7+9). 

 Parciais cada 5´: 1-0 / 5-2 / 6-3 / 8-4 / 11-6 / 15-7 / Descanso / 17-9 / 19-8 / 24-10 / 25-13 / 29-15 / 34 -16 / Final.

Incidencias: Segunda xornada da Liga Ouro en categoría Cadete masculino. Partido disputado no Polieportivo Paco Chao de Carballiño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *