Saltar ao contido

SEGUNDA VITORIA CONSECUTIVA DO BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

Despóis de tres xornadas da liga ouro e moitas adversidades sufridas polo conxunto xuvenil Despreocúpate.es, sobre todo en forma de lesións, parece que o conxunto local pode celebrar algunha recuperación de efectivos e, si a iso engadimos que de seis puntos posibles, conseguíronse catro neste contexto de contratempos, é para estar máis que satisfeitos.


Tardou o BM.Culleredo Despreocúpate.es en espertar no encontro que onte lles enfrontaba ao BM.Cangas, pero despois de dez minutos de absoluta igualdade, os cullerdenses adiantábanse con parciais de 4-1 e 3-2 para establecer unha vantaxe cómoda de catro goles sobrepasado o meridiano (13-9). Estaban por chegar os mellores minutos dos locais, que esporeados agora cun marcador a favor e plenos de confianza, rompían o encontro para retirarse no tempo de descanso cun 22-13 a favor que supuña un enorme botín.


Cunha dinámica positiva a favor do BM.Culleredo, xa non habería lugar a sorpresas, e é que o conxunto locatario dominaría a pracer os segundos trinta minutos. Si nun principio as diferenzas non sufrirían excesivos cambios, manténdose os algarismos ao redor do oito e nove goles, o BM.Culleredo volvería dar un estirón nos últimos dez minutos do envite. A retagarda funcionaba de forma positiva e as recuperacións de balón transformábanse en gol na portería visitante, facendo da velocidade ao contragolpe a ferramenta idónea para asinar unha avultada vitoria e dous puntos importantísimos de cara a continuar gañando tempo para a recuperación de máis efectivos.

BM. Culleredo Despreocúpate.es: 45(22+23). Jorge López (P), Iván Manzo (p), Iago Bescansa (2), Martín Ínsua (10), Iago Chao (1), Nicolás Pérez (4), Guille Puga (1), Senén Garea (8), Álvaro Del Busto (5), David Martínez (7), Samuel Seijas (4), Lucas Pazos (2), Mateo Kidus De Salvador (1).

Balonmán Cangas: 26(13+13). Xoel Gómez, Álvaro Rosales (2), Alexandre Gallego (5), Manuel Magdanelo, Abraham Martínez (1), Alejandro Pablo Juarez, Pablo Rodríguez (6), Manuel Soliño (9), Mauro Aevedo, Roque Díaz (2), Nicolás Millán, Isaías Mariño, Asier Pereira, Hugo Mora (1).

 Parciais cada 5´: 3-3 / 6-6 / 10-7 / 13-9 / 18-11 / 22-13 / Descanso / 24-16 / 28-20 / 33-20 / 36-22 / 40-24 / 45-26 / Final.

Colexiado: Cristian García.

Incidencias: Encontro corespondente a terceira xornada da liga Ouro en categoría xuvenil disputado no pavillón de Almeiras. Volta do público ao polideportivo cullerdense despóis de máis duha tempada de pandemia.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *