
Esta xornada xa temos a todos os equipos dende infantís competindo, comezando as ligas de prata que faltaban por iniciar e poderemos disfrutar de unha xornada chea de partidos. Non o dubidedes e vide a animar ao voso equipo ao pavillón!
(IF) SAR RODAVIGO “A” VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA
O Abogacía visita Redondela con ganas de estrearse coa primeira victoria da tempada.
Será un partido moi difícil pero as nosas deixarán todo o seu esforzo na pista para poder competir ao máximo e poder conseguir algo positivo que traer a Culleredo.
Forza Culle!
(IM) BM CULLEREDO SUTENOR VS REPRINT ARTEIXO BM
Este domingo ás 10:30 en Almeiras poderemos vivila primeira xornada da liga de prata infantil masculina, na que os nosos rapaces do Bm Culleredo Sutenor se verás as caras cos veciños de Arteixo.
Esta será a primeira proba dun grupo que ven de facer un moi bo traballo e que por fin comeza a competir.
(IM) ACANOR ATLÉTICO NOVÁS VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR
Segunda xornada da Liga de Ouro, onde os dous equipos buscan a primeira victoria nesta categoría.
Os dous equipos veñen de boas sensacións pese a derrota da primeira xornada.
Prométese un partido moi competido e bonito de xogar e de ver.
Forza Culle!
(CF) SAR RODAVIGO “A” VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR
Visita o Fisioterapia Benestar á Sar de Redondela. Visita moi complicada para as nosas que buscan obter un resultado positivo despois da primeira derrota da tempada na primeira xornada de liga.
Forza Culle!
(CM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS GAS ABEGONDO
Derbi provincial na primeira xornada da Liga de Prata.
Prométese un partido moi intenso onde os dous equipos buscarán a primeira victoria da tempada.
(CM) GASÓLEOS RIVERA VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO
O conxunto cadete BM. Culleredo Costrupereiro, buscará o próximo sábado, a domicilio, inaugurar o seu marcador de puntos na liga Ouro. Despois da derrota ante o BM.Cisne, un dos favoritos ao título, os cullerdenses deben de mellorar moito as súas prestacións defensivas para poder acometer con éxito o obxectivo da vitoria nunha cancha foránea onde, a bo seguro, terá moitos obstáculos que superar ante o conxunto de Carballiño. O encontró dará comenzó as 17:00h no polideportivo Paco Chao.
(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL VS CALFRIMA CARBALLAL
Este sábado ás 12:30 en Tarrío toca recibir na casa a un dos favoritos a estar nos postos altos da categoría. As nosas tratarán de solventar os problemas dos partidos anteriores e de poñerllelas cousas difíciles a un Carballal con ansia de gañar outro partido consecutivo.
(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS CARNES DO RIBEIRO-OURENSE PROVINCIA TERMAL
Este domingo, ás 12.30 no pavillón de Almeiras, o noso equipo xuvenil de liga prata, afronta a segunda xornada ante os de Ribadavia.
Logo da amarga derrota do fin de semana pasado, os nosos encaran este encontro con moitas gañas e con moita motivación para conseguir os dous primeiros puntos. De seguro será un duelo de moita intensidade.
Imos con todo!
Forza culle!
(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS BALONMÁN CANGAS
O BM. Culleredo Despreocúpate.és, afronta este sábado o seu primeiro encontro como local na liga Ouro. A espera de ir recuperando efectivos e despois dos dous puntos tan traballados en Redondela o fin de semana pasado, os cullerdenses non perden a esperanza de superar nesta ocasión ao BM.Cangas, a pesares das baixas e os inconvintes que veñen minimizando o plantel. A defensa do BM.Culleredo Despreocúpate.es, tal e como ocurríu no encontró ante a SAR, será de novo o baluarte no cal se terá que sustentar o equipo para sacar algo positivo. A xestión das poucas rotacións das que dispón a plantilla nestes intres é outro elemento importante cara ao rendimento óptimo dos xogadores disponibles, así como os ataques longos e con sentido, sempre co obxectivo de non caer en excesivos erros nin precipitacións. O partido terá lugar as 11:00h no polideportivo de Almeiras.
(SM) BALONMÁN PABELLÓN OURENSE VS BM.CULLEREDO
Este próximo Domingo as 11:45h no Anexo Remedios, en Ourense, o BM.Culleredo pretende seguir invicto na competición ligueira. Sempre que se xoga a domicilio, a confrontación adquire un matiz máis perigoso e é que os conxuntos locáis soen acar o mellor de si mesmos, por iso os cullerdenses deberán de afrontar con seriedade e moitísima concentración o envite ante o conxunto da cidade das burgas. A retagarda voltará a ser trascendental para acadar dous novos puntos e o seu rendimento será por tanto parte esencial das posibilidades de éxito do BM.Culleredo.
