Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a SUTENOR!

Hoxe queremos que coñezades a SUTENOR, empresa colaboradora dende hai xa tempo, na que poderás atopar os suministros que precises para a túa empresa.

SUTENOR é un grupo de 4 socios que comezan esta idea alá polo 2012 e que son auténticos profesionais do sector, cada un coa súa especialidade, pero que traballan en común en todos os ámbitos como un auténtico equipo!

Poderedes atopala súa tenda física no Polígono Sabón, parcela 29, local 8. Dende Xullo decidiron moverse a esta ubicación para poder seguir crecendo como negocio, obtendo máis espazo que lles permita ter un maior stock nos seus suministros e un parking moi accesible para facilitarlle o máximo posible todo á clientela.

Poderedes ir a esta nova ubicación de luns a venres nos seguintes horarios: 9:00-13:30 e 15:30:19:00.

¿A QUÉ SE DEDICA SUTENOR?

SUTENOR é unha empresa que se dedica á venta de suministro principalmente á industria, tendo como clientes grandes empresas como son: Pescanova, Leyma, Inoxa, Inco e Jevaso entre outras

A pesares de que se dedican principalmente a profesionais, tamén venden a particulares que busquen productos concretos.

A maiores das empresas que destacábamos máis arriba, suministran sobre todo na zona industrial de Arteixo, Bergondo, Coruña e Lugo; comezando pouco a pouco a expandirse tamén a outras zonas de Galicia e facendo ventas tamén a outros puntos de España.

Ademáis de acercarse á tenda a mercar e encargar o que precises, poderás contactar con eles a través do 981 60 21 39 e encargarlles o que precises.

¿Dubidas no material que precisas? Non te preocupes, dende SUTENOR encargaranse de buscar aquelo que necesitas e de atopar aqueles suministros que andas a procurar.

Non te preocupes se non podes ir físicamente á tenda, dende SUTENOR realizan envíos a todo o territorio español nun prazo de 24-48h para facilitarlle o máximo posible o acceso da clientela ao producto que  precisa.

En SUTENOR son especialistas en repostos de maquinarias da industria (todo tipo de respostos que teñan que ver co aire comprimido excepto compresores) e fan eles os seus propios latiguillos, grazas a un enorme profesional co que contan no seu gran equipo!

¿CALES SON OS OBXETIVOS ACTUAIS?

O principal obxetivo actual da empresa e seguir crecendo e volver a recuperar esos niveles de venta e crecemento que había antes da pandemia, nun sector que se veu moi afectado pola enorme baixada de producción da industria e incluso a parada dalgúns sectores.

Actualmente SUTENOR está nun bo momento, recuperando esos niveles e amosando que son capaces de cubrila demanda da súa clientela, asesorando e resolvendo todas as situación que lles plantexan.

¿POR QUÉ APOIA SUTENOR AO BALONMÁN CULLEREDO?

Dende SUTENOR transmítennos o seu apoio xa que creen no traballo do Balonmán Culleredo e ven que esta é a forma na que poden axudar aos nenos e nenas de Culleredo a disfrutar dun bonito deporte nun club en crecemento.

Ademáis é unha forma de facer publicidade á vez que podemos apoiar aos nosos/as deportistas, levando o noso nome por toda Galicia e incluso por España adiante o ano pasado co éxito do equipo infantil masculino no Campianato de España.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *