Saltar ao contido

O RAFERGAL VESE SORPRENDIDO POLO HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

O equipo de Culleredo sofre unha dolorosa derrota ante un adversario que soubo manexar a súa renda dende o inicio do partido.

O BM. Culleredo Rafergal sufriu a segunda derrota consecutiva fronte a un rival, o Hierros Varela Urbieta Xiria, que estivo prácticamente sempre por diante do marcador. Incluso nos dez minutos do inicio , cando o Rafergal remontou e se puxo a 1 gol, soubo controlalo tempo do partido para termiñar impoñéndose por 22-27.

O equipo carballés tiña a iniciativa dende o primeiro minuto de xogo, con moita máis efectividade de cara a portería de Diana. A defensa 6:0, o que se unia os lanzamentos fallidos do Culleredo, fixo co equipo carballés marchase de catro goles o descanso.

A segunda parte saíase o terreo de xogo coa confianza de acortalo marcador por parte das de Rafergal, con un pouco máis de atino de cara portería pero, os faios mais básicos; de pase, de vasculacións defensivas, de 1x1 ..eran aproveitados polo Xiria onde as súas contras efectivas proporcionaban ca súa defensa no estivera desgastada e lles fora máis difícil encontrar ocos as de Culleredo.

O sábado foi unha derrota das que hai que aprender e repoñerse. De seguro que para esta fin de semana a cara será totalmente distinta e a competitividade pola victoria verase reflexada no terreo de xogo

Parcial cada 5 minutos: 1-1/5-4/9-5/10-7/13-7/15-11 Descanso 18-12/20-14/22-16/24-18/26-20/27-22 Final

Hierros Varela Urbieta Xiria 27 (15+12): Maria Porteiro, Maria Patiño,Nerea Varela (6), Lara Souto (3), Natalia Cancela (1),Leticia Santos (1),Lucia Lema, Nerea Varela (1), Lara Otero (2), Marta Gomez (6), Elena Collazo, Duna Barca (4), Alba Garcia (2), Valeria Figueroa (1),Sara Mendez

BM. Culleredo Rafergal 22 (11+11): Diana Dozo ,Aitana Tasende (1),Adriana Antonio (2),Anheliz Amarys Alexander (1), Maria Bescansa, Lucia Ponte (1), Paula Valderrabano (12), Candela Puga, Adela Areoso ,Lucía Sánchez (1),Carlota Rodriguez (3),Marta Valderrabano (1)

Colexiados: Pablo Manuel Barreiro Suárez e Renzo Martin Díaz Carro

Incidencias: 2ª Xornada da Liga Ouro celebrada no Pavillón municipal Vila de Noia. Con 25 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Enlace do encontró.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *