Saltar ao contido

Dura derrota do ‘Óptica Gallaecia’ na Cañiza.

Este sábado o noso equipo xuvenil optica gallaecia, desprazouse á Cañiza a desputar a primeira xornada da liga prata. Logo de varios fins de semana sen competición para este grupo, os nosos encaraban este encontro con moitas gañas e ilusión malia ás baixas por lesión e a falta dos cadetes.

Comezábamos o encontro enchufados, sempre empatados ou un tanto arriba, fieis ao noso esquema de xogo, os goles en primeira e segunda ondada chegaban con comodidade. A nosa defensa 6.0 traballaba con seriedade e con solvencia, ainda así o rival non ía poñelas cosas fáciles en ningún momento. A numerosa plantilla e a potencia física do rival ían facendo mella nos de Culleredo. Así é todo, ao final da primeira parte, a falta de cambios comezaba a notarse na intensidade, encaixando un parcial de 4-0 nos últimos 5 minutos.

Tralo descanso, os nosos tiñan por diante unha complicada misión, levantalo encontro e acercarse no taboleiro, cunha diferenza de 7 goles. Tiramos de orgullo e moito, moito corazón para conseguir empatalo encontro, e non o conseguimos ata o minuto 20 do segundo tempo, recibindo o rival, un parcial de 5 tantos a 0. Pese a todo ese gran esforzo, a fatiga e a acumulación de minutos, serían clave para o final do encontro. A falta de osíxeno lastrounos nos ultimos 5 minutos, nos que dous erros na defensa e dous tomas de decisión erróneas en ataque, fixeron que o rival, máis fresco e rotado que nos, lograse afastarse por dous tantos, quedando así un resultado de 20-22 a favor dos da Cañiza.

Primeira toma de contacto nesta competición dos nosos xuvenís, o cal nos deixa a mel nos labios, o esforzo e a garra amosada neste encontro ten que ser a que nos guíe o resto da competición, noroboa polo esforzo rapaces, esto tan só acaba de comezar.

FORZA CULLE!!!

Bm A Cañiza 22 - Bm Culleredo Óptica Gallaecia 20

GOLES

Bm Culleredo: Ivan Manzo (p), Javi Ansede (p), Kidus (3), Puga (4), Gerpe (1), Iago Bescansa (1), Shaiel (5), Álvaro del Busto (3), Nico Vázquez (3).

Arbitraxe: Alfredo Balado Fdez.

Parciáis cada 5': 1-2/ 3-3/ 4-4/ 7-6/ 7-12/ 8-13/ desc./ 11-17/ 15-17/ 16-18/ 18-18/ 19-20/ 20-22

Incidencias: Xornada 1 da liga prata desputada no municipal da Cañiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *