Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, SUPERA UN SINFÍN DE OBSTACULOS PARA GAÑAR EN REDONDELA

Acudía o BM.Culleredo Despreocúpate.es a Redondela para enfrontarse á SAR. O panorama non era nada prometedor, xa que ás dúbidas xeradas pola avultada derrota da pasada semana en Cangas, ante un dos claros favoritos ao título, uníanse as múltiples baixas (ata seis) por distintos motivos, que deixaban arrasado e minguado o cadro de persoal dos cullerdenses. Con dez xogadores e tan só catro primeiras liñas, o BM.Culleredo Despreocúpate.es chegaba ao pavillón da Bombonera co obxectivo de presentar batalla ao conxunto local, aínda a sabendas da fazaña que deberían de realizar para sacar algo positivo.


Interpretaron os de Culleredo á perfección o plan de partido e apostados nunha notable defensa (especialmente en 5:1) e cunha achega sobresaiente de Jorge en portería, conseguían que os algarismos fósense a un marcador curto e con escasas diferenzas. As alternativas dun e outro conxunto asomando a cabeza, foron a tónica predominante ao longo dos sesenta minutos e o 9-9 ao descanso, facía presaxiar que aquilo non se ía a resolver ata os instantes finais e con certeza con certo nerviosismo e tensión.

Os segundos trinta minutos foron un calco dos primeiros, cos ataques en clara dificultade para conseguir o seu obxectivo e ambos os porteiros de doce no día de hoxe. Deste xeito e con alternancias no electrónico, chegábase aos instantes finais, momento no que calquera erro podía desequilibrar a balanza a favor dun ou outro.

Tivo o BM.Despreocúpate.es a vantaxe dunha última defensa positiva con gol a favor e afrontar os últimos trinta segundos para non perder balón e certificar a vitoria. A pesar da presión final dos locais e unha última decisión arbitral con polémica, os cullerdenses conseguirían materializar a fazaña e imporse ao seu rival despois de superar todos os obstáculos anteriormente mencionados e cun meritorio labor grupal.

SAR: 17 (9+8). Manuel Pérez (3), Marcos Soler (5), Lucas Camiño, Marcos Costas (1), David Blanco (1), Iago Docal (3), Anxo Silveira (1), Roberto Bastos, Alan Sergio Castro (3), Pablo Sánchez, Raul Araujo, Alejandro Fontán.

BM. Culleredo Despreocúpate.es: 18 (9+9). Jorge López (P), Iago Bescansa, Martín Ínsua (3), Iago Chao (2), Senén Garea (3), Samuel Seijas (5), Lucas Sánchez (1), Gonzalo Palleiro (2), Guille Puga (1), Mateo Kidus De Salvador (1).

Colexiados: Pablo Torreiro e Rubén Iglesias.

Incidencias: Segunda xornada na Liga Ouro de categoría Xuvenil masculino. Encontro disputado na Bombonera de Redondela con afeccionados do Culleredo desprazados ata a o pavillón choqueiro.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *