
O BM.Culleredo Construpereiro, non puido sorprender ao BM.Cisne esta vez e é que si xa foi difícil facelo a semana pasada, onde os cullerdenses estiveron moi preto do seu rival nos Play-Off de ascenso, máis complicado é facelo dúas veces seguidas e nun espazo curto de tempo ante un conxunto tan potente.
Desta vez, o BM.Cisne impuxo o seu favoritismo e non se quixo deixar sorprender nese afán por iniciar positivamente o camiño ao título de campión galego ao que son firmes candidatos, non dando opción algunha ao seu rival. Os pontevedreses superaron ao BM.Culleredo por ese factor físico máis que evidente, pero tamén o fixeron a través do xogo, onde a retagarda dos locais non foron nunca capaces de imporse ao ataque pontevedrés. No descanso xa estaba todo visto para sentenza e é que 25 goles encaixados ante un rival desa entidade, deixaba imposible a remontada local.
Con todo, o BM.Culleredo Construpereiro melloraría na segunda parte, pero esta melloría sería máis ben na fase atacante, xa que o BM.Cisne seguía dominando con claridade a retagarda rojilla.
Encontro e dous primeiros puntos da competición ligueira por tanto para o BM.Cisne e nova oportunidade que terán os culleredenses a semana que vén a domicilio e fronte ao Gasoleos Rivera de Carballiño para inaugurar a súa marcadora.
BM. Culleredo Construpereiro: 26 (15 + 11). Marco González (P), Marcos Regueiro (2), David Martínez (6), Adrián Veira (2), Iván Sánchez (1), Diego Del Río, Aaron Blanco, Antón Pérez, Samuel Seijas (11), Daniel González (1 ), Josemi Martínez (1), Lucas Sánchez, Teo Calvo (1), Alejo Martínez (1), Anxo Negreira, Juanfran Pazos, Antón Pérez
BM.Cisne: 41 (25 + 16). Mauro Lago (6), Mateo Castro (4), Miguel Domínguez (4), Manuel Lorenzo (4), Martynas Zykas (4), Adrián Pérez (2), Breixo Fentanes (3), Pedro Fdez-Couto (2), Adrián Rey ( 7), Antón Rodríguez, Manuel Hernández (2), Roi García (3), Hugo Casal.
Parciais cada 5´: 4-6 / 6-10 / 7-12 / 10-15 / 12-19 / 15-25 / Descanso / 18-29 / 18-30 / 20-33 / 23-36 / 24-38 / 26-41 / Final.
Árbitro : Nicolás Núñez e José López.
Incidencias: Primeiro partido da Liga Ouro na categoría cadete masculino, disputado no municipal de Tarrío con boa afluencia de público.
