
O BM. Culleredo suma unha nova vitoria neste inicio de liga, dúas de dúas e nesta ocasión, estreándose como local na competición ante o Granitos Ibéricos Carballal de Vigo.
Saíu o conxunto olívico ao 40x20 do municipal de Tarrío cun bo espírito competitivo, poñendo en dificultades aos de Culleredo nos primeiros compases. Non entanto, os cullerdenses tardaron 10 minutos en quentar motores e un 4-0 de parcial daba a primeira renda folgada ao paso polo meridiano (7-4). O BM.Culleredo xa estaba metido en plenitude no envite e apoiado nunha ferrea defensa e despregando a súa velocidade ao contragolpe, rompía o encontro ao termo dos primeiros trinta minutos (15-9).
O segundo acto foi de claro dominio local, que coas súas múltiples rotacións e sen baixar alto ritmo imposto, aumentaba a distancia con respecto ao seu rival para cerrar unha nova vitoria sen paliativos e dous novos puntos que os aúpan ao máis alto da táboa clasificatoria nestes inicios de competición.
BM. Culleredo: 34 (15 + 19). Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Antonio Vieiro (P), Alberto Catoira, Carlos Costa (3), Miguel Casal (6), Mario Crecente (3), Iago Franco (2), Daniel Del Río, Marcos Vázquez, Daniel De Salvador (10), Darío Pérez (1), Adrián Díaz (2), Iago Ferreiro (2), Diego Gago (5).
Granitos Ibéricos Carballal: 18 (9 + 9) . José Gregores, Samuel Rodríguez (2), Pablo Vilaboa (2), Lois Castro, Lois Martínez (2), Lucas Castro (2), Pedro Abad (2), Iago Suárez, Abel Carreira (6), José Miguel Cid (1), Darío Pérez, Carlos Rey, Blas Cabaleiro (1).
Parciais cada 5´: 3-3 / 3-4 / 7-4 / 8-5 / 13-6 / 15-9 / Descanso / 17-12 / 20-12 / 24-14 / 29-16 / 32-16 / 34-18 / Final
Árbitros : Pablo Barreiro e Henrique Folgoso.
Incidencias: Segunda xornada da 1ª autonómica masculina. Encontro disputado no municipal de Tarrío con boa afluencia de público.
Fotos do encontro:




