Saltar ao contido

Previa da xornada!

Nova xornada de balonmán, na que dan comezo a maioría das ligas nesta tempada 21/22 e na que poderemos disfrutar de moitísimos partidos, tendo ata un total de 8 en Tarrío. Non o dubides e acércate ao pavillón a apoiar ao teu equipo!

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA - CLUBE BALONMÁN TUI

Este sábado ás 13:00 en Tarrío as nosas rapazas do Canosa Abogacía debutan na Liga de Ouro fronte a un rival coñecido, as rapazas do Clube Balonmán Tui.

Tralo empate entre ambos conxuntos no play-off de hai escasas semanas, volven a verse as caras 2 equipos moi parellos nun encontro que promete intensidade e dúas defensas moi duras! As nosas nenas deberán estar acertadas en ataque e coas ideas claras para atopalos espazos ante a 5:1 tudense e así poder competir ata o final nun partido moi complicado.

(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR - CISNE COLEGIO LOS SAUCES

De novo os nosos infantís do Remax Riazor se verán as caras co Cisne, trala derrota sufrida no play-off. Desta vez, coas ideas máis claras e coa lección aprendida, tentarán conseguir que estos primeiros dous puntos da Liga de Ouro se queden en Culleredo.

Dende o minuto 1 debemos impoñer a nosa defensa ao gran ataque dos de Pontevedra e marcalo camiño que nos leve á vitoria!

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR - AS CHOQUEIRAS DE REDONDELA

As nosas cadetes afrontan con gran ilusión o seu debut en Liga de Ouro tralo éxito no play-off da semana pasada. As rapazas do Fisioterapia Benestar terá como rival ás Choqueiras, clube que ven de facelo moi ben e que de seguro nos dará moitos problemas.

Despois do bo nivel defensivo amosado no play-off, toca prolongalo e que unha semana máis poidamos seguir competindo cheas de ilusión e ganas.

(CM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO – CISNE COLEGIO LOS SAUCES

O conxunto cadete BM. Culleredo Costrupereiro, inicia a Liga Ouro como local. O capricho do sorteo, quixo que os de Culleredo comencen co o BM. Cisne Colegio Los Sauces, un conxunto co cal xa enfrentaron na pasada fin de semana no marco no Play-Off de ascenso da categoría. Xa dicíamos con anterioridade que os pontevedreses son un conxunto chamado a competir polo campeonato galego deste ano, úns dos cocos da categoría con un poderío físico superior a todos os rivais. A pesares de esta presentación, o BM.Culleredo Construpereiro, xa foi quen de plantarlles cara o pasado Sábado e nesta ocasión parten ca mesma ilusión que fai sete días. Para iso, deberán de facer un partido sobresainte en todas as fases do xogo e cun rendemento defensivo moi alto, onde deberán de estar moi atinados no 1x1 e na defensa ao pivote. O encontró será as 11:30 do Sábado no municipal de Tarrío.

(CM) BM RIBADOSAR - BM CULLEREDO CLIMANOSA

Esta semana da comezo tamén a liga de prata na categoría cadete, co encontro dos nosos rapaces este domingo en Santiago. O grupo do Climanosa afronta unha ilusionante tempada, na que se espera que consigan un gran progreso e que poidan competir todos os seus encontros. Como rival estará o Ribadosar, un partido complicado para comezar, pero tralo bo traballo feito ata o de agora, de seguro que loitarán por volver a Culleredo con 2 puntos máis no seu casilleiro.

(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL - HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Primer derbi da competición en terras carballesas. As nosas desprázanse o sábado a loitar polos primeiros dous puntos da Liga Ouro fronte un Xiria que ven tamén de perder na primeira xornada. De seguro que teremos un derbi emocionante no Vila de Noia as 10:30.

(XM) SAR - BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

Nos últimos tempos, o BM. Culleredo Despreocúpate.és, suma unha desgracia tras outra, e é que os cullerdenses xa acumulan tres baixas por lesión e outras dúas por diferentes motivos. Isto deixa ao conxunto moi mermado de efectivos e xa non puideron competir a semana pasada no inicio da Liga Ouro fronte a un dos candidatos ao título. Nesta ocasión, o Domingo as 10:00h e na segunda xornada da competición ligueira, os cullerdenses viaxan ata Redondela para enfrontarse a SAR, un conxunto que ven de sumar os dous primeiros puntos na primeira xornada. Teñen polo tanto Os de Culleredo a difícil papeleta de superar as baixas e competir con un rival que non porá as cousas nada sinxelas, reforzado no seu ánimo ao actuar como conxunto locatario.

(SM) BM.CULLEREDO – GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL

Este próximo Sábado as 19:00h e no municipal de Tarrío, o BM.Culleredo estrease como local na competición ligueira. Visita Culleredo o Granitos Ibéricos Carballal, un conxunto ao que os cullerdenses xa derrotaron cun resultado amplo fai unas semanas, no marco da Copa Sponsor. Os locais necesitan os dous puntos para continuar cun inicio positivo e para iso, é imprescindible non caer no recordo de aquel resultado e sair confiados. Polo contrario, o BM.Culleredo deberá de seguir con esa tónica de humildade e grande respeto a calquer rival, tentando levar en cada partido o ritmo de xogo que máis lle convén e a súa concentración e seriedade ata o máximo nivel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *